Seccións
Presentación
Calendario académico
Admisión e traslados
Admisión visitantes
Matrícula
Recoñecemento de estudos e homologacións
Máster oficial
Doutoramento
Posgrao propio
Títulos e certificados
Impresos en liña
Normativa
Ubicación
Persoal
Calidade
Usuarios autorizados

Certificacións e acreditacións Certificacións e acreditacións

Alumnos visitantes

A matrícula de visitantes está dirixida aos alumnos e alumnas doutras universidades non acollidos a programas de intercambio.

Solicitude

Na solicitude deberá indicar as materias concretas que desexa cursar, os motivos do seu pedimento, a universidade de procedencia e os estudos cursados

Prazo de solicitude

A solicitude deberá presentarse antes do inicio das actividades académicas, de acordo co calendario aprobado polo Consello de Goberno.

Matrícula

1. Os alumnos visitantes poderán matricularse nesta modalidade durante un máximo dun curso académico, unha vez acreditados suficientemente os estudios que realiza noutra universidade.

2. Con carácter xeral, os alumnos deberán matricularse dun mínimo de 10 e un máximo de 60 créditos europeos (ECTS). Nos estudios nos que non se estableceu a unidade de medida europea estes límites serán de 20 e 60 créditos respectivamente.

3. Por resolución rectoral poderá autorizarse a matrícula en calquera materia independentemente da titulación que curse o alumno. Poderá limitarse ou excluírse o acceso a determinadas materias polas súas especiais características ou por necesidade de impartilas en grupos reducidos.

Efectos

Dos estudios realizados como alumno visitante non derivará ningún dereito respecto da obtención de títulos expedidos pola USC, ni respecto ó ingreso nunha titulación, e só terán os efectos na Universidade de orixe que esta dispoña de conformidade coa normativa aplicable na respectiva institución de ensinanza superior.

No caso de que o alumno visitante desexe obter unha titulación na USC e o recoñecemento dos estudios cursados nela, deberá someterse á lexislación universitaria aplicable para o acceso mediante a acreditación dos títulos ou probas pertinentes, e someterse ós procedementos de ingreso establecidos con carácter xeral.

Novidades
Modificación da Orde que regula as probas de acceso ás ensinanzas oficiais de grao do sistema universitario de Galicia
Carta de Servizos dos Servizos Académicos da USC
Condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e procedementos de admisión ás universidades españolas (RD 1892/2008)
[Máis novidades]
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela Grupo
Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00