Esta lista baséase nunha escolma da lexislación básica efectuada polo profesorado da Facultade de Dereito.
As ligazóns fanse aos Suplementos en galego do BOE (dende 1998) e a versións en formato .pdf fornecidas polo propio BOE para esta campaña, no caso de versións existentes en edicións en papel deste organismo.
En 2003 a Real Academia Galega aprobou unhas pequenas modificacións ortográficas derivadas do Acordo normativo. Daquela, as leis anteriores a 2003 están redactadas conforme á normativa anterior, e presentarán segunda forma do artigo, conservación de grupos cultos, etc.