![]() | Grupo de investigación TERBIPROMAT TERMODINÁMICA DE BIOPROCESOS Y MATERIALES Castellano |
|
|
| Baixo este epígrafe, englobamos a xestión e tratamento de residuos (forestais, industriais e urbanos) e a xestión dos recursos forestais (eleboración de mapas enerxéticos). Dende 1988, Galicia estivo buscando unha solución para resolver a problemática da Xestión e Tratamento dos seus Residuos Sólidos Urbáns (RSU). Paralelamente a esta preocupación institucional e social, o Grupo TERBIPROMAT colaborou nesta investigación mediante a valoración enerxética dos RSU e o seu posible impacto ambiental. Esta labor investigadora foise extendendo a outros tipos de residuos e á colaboración con empresas privadas especializadas no tema como a Empresa SADER. Últimamente o campo de traballo xa se se centra non só en valoraciós enerxéticas sino que se amplia ao reciclaxe, rexeneración e/ou reutilización de aceites, taladrinas, etc. en función da lexislación da UE. Dentro da búsqueda de enerxías alternativas explotables baixo as premisas da racionalidade e sostenibilidade, un sistema "tipo" para evaluar enerxéticamente biomasa residual forestal para o seu aproveitamento enerxético a través de plantas de coxeneración enerxética. |
|
|
| A FAO considera o solo coma un beb a protexer e a preservar para as xeración vindeiras, nunha ineludible estratexia de supervivencia para a humanidade. Neste campo estúdanse os parámetros capaces de xerar un impacto negativo en forma de diferentes tipos de contaminación (dende os lixiviados de vertedoiros ata verquidos incontrolados puntuais) nos solos e que os poñen en serio perigo de supervivencia, estudos de recuperación de solos degradados por diferentes parámetros exóxenos e endóxenos, e potencialidades ou capacidades por xerar altos rendimentos de forma racional e sostible. | |
|
| Nesta liña de investigación téntanse mellorar as propiedades físicas de materiais de interese tanto social como industrial como son os sistemas poliméricos con base epoxi. Para elo, dende hai xa mais de 15 anos, vense caracterizando distintos sistemas bi ou tri-compoñente, todos eles de base epoxi BADGE (n=0), na procura de obter as propiedades óptimas según sexa o fin para o que se teñan diseñado. De partida, fixéronse estudos de sistemas de dous compoñentes (resina e axente de curado) e posteriormente engadíronse materiais de recheo co fin de abaratar costes e tamén diluentes para mellorar a sua aplicación sobre superficies. Na actualidade andamos a investigar cómo a incorporación de materiais de dimensións nanométricas pode millorar aspectos tan importantes nestes materiais coma a temperatura de transición vítrea, a estabilidade térmica, as propiedades mecánicas, etc. | |
|
| Nesta liña de traballo, na que o levamos investigando dende 1989, estánse a desenvolver por un lado un índice de risco, o valor numérico integrado que axude a entender o comportamento das formaciós forestais ante un incendio forestal como paso previo a un adecuado deseño de campaña de prevención e loita contra incendios forestais | |
|
