Logotipo da Universidade de Santiago de Compostela. Prema nel para visitar a páxina principal da Universidade.  Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social


Inicio >> Presentación

Presentación

O departamento de Teoría e Historia da Educación, con sede na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) da Universidade de Santiago de Compostela, foi creado no curso académico 1985-86, unha vez aprobada a lei de Reforma Universitaria (1983) e os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (1985).

Desenvolve actividades docentes e investigadoras en sub-áreas (Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social), ás que vinculan o seu labor diferentes profesores, investigadores e estudiantes nos Campus de Santiago de Compostela e Lugo.

A súa docencia realizarase nos planos de estudios correspondentes a:

  • Diplomaturas de "Mestre" e de "Educación Social"
  • Licenciaturas de "Pedagoxía" e "Psicopedagoxía"

Ten promovido e asinado convenios de colaboración con máis de un cento de Entidades e Institucións (públicos e privados), así como con diferentes Universidades en Europa e América.