ENLACE Á REVISTA.

GALLAECIA. NORMAS EDITORIAIS

 

1.  Os traballos serán inéditos e enviaránse ao Secretario da  Revista, no seguinte enderezo:
Manuel Villanueva Acuña

Revista Gallaecia. Departamento de Historia 1.
Facultade de Xeografía e Historia.
Pza. da Universidade s/n.
15782 Santiago de Compostela.
Tfno: 981594488-ext. 12563
Correo E.: manuel.villanueva@usc.es

2.  A revista, de publicación anual, recibe orixinais en temas de
Prehistoria, Arqueoloxía,e Ciencias da Antigüidade.
O prazo de recepción de traballos pecharáse a mediados de Outubro.
Os orixinais recibidos serán examinados por membros do Consello de Redacción ou do Científico. No seu caso serán avaliados , por especialistas (censores) designados por GALLAECIA. A aceptación definitiva pode levar implícita a modificación de contidos ou da estructura formal do artigo. GALLAECIA non se fai responsable das opinións expresadas polos autores nos seus traballos.

3.  As contribucións non superarán o máximo de 70.000 caracteres incluindo gráficos, táboas, notas e bibliografía (aproximadamente 30 páxinas)

4. Poderase utilizar o galego, o castelán ou calquera outra lengua de coñecemento estendido no seu campo.Os artigos iran precedidos dunha páxina na que figure o título, con traducción ao inglés ou francés, acompañado dun breve resumo (8 liñas máximo), cós correspondentes descriptores (palabras –chave ou Keywords) na lingua na que se escribiu o artigo e a traducción ao inglés ou francés. Seguindo o  nome do autor (es) faráse figurar a filiación cientifica e o enderezo onde manter correspondencia, tanto postal como electrónico. O autor indicará a data de remisión do orixinal e GALLAECIA, no seu caso,  a de aceptación deste na sua versión definitiva. GALLAECIA non manterá correspondencia sobre orixinais non solicitados.

 

5. Os autores entregarán o texto mecanografiado, en DIN-A-4, a dobre espazo
por unha cara e con 30-35 liñas por páxina , acompañado de soporte informático en programa compatible, preferentemente MSWord, WP ou ben formato convertible RTF. Este arquivo virá sen paxinación, encabezados, pés de páxina, marxes especiais, -isto é, códigos xerais de formato e embelecemento do texto- ou calquera outro engadido.

 

6. Os cadros, mapas, gráficos, que se anexen ao traballo presentaranse en
papel de calidade, (papel vexetal, satinado, fotográfico, transparencia...)
delineados con tinta china ou en impresora en modo calidade. Téñase en conta no deseño de cada figura que a caixa da revista terá uns 25 x 16 cm. aproximadamente. Asimesmo,  lembramos que posto que se entregará unha copia do artigo en formato PDF, os gráficos poderán presentarse a cor ainda que na versión impresa apareceran en B/N. Somente se editará un traballo a cor se os autores  o comunican previamente e asumen o sobrecoste económico que supoña para a edición do número da revista
Deberánse enviar tamén en soporte magnético (JPG, TIF, EPS) en arquivo aparte.
Os mapas e os planos deberán incluir a escala gráfica e a orientación. Os pés
das figuras incluiránse no arquivo informático ó final do texto en folla aparte.

7. As ilustracións fotográficas serán: fotos en branco e negro de 13 x 18,
diapositivas en cor de 35 mm, ou, preferentemente,  en soporte informático (JPEG, TIF, etc.).

 

8. As citas de autor dentro do texto indicarán o autor, ano e páxina no seu caso
(AUTOR, ano: páx). As notas a pé da páxina serán as imprescindibles e irán
ao final do texto en folla aparte, numeradas correlativamente.

9. A bibliografía irá ao final, colocada en orde alfabética de autores. Atenderase
ás seguintes normas:

*LlBROS:

- Apelidos e inicial do autor. (MAIUSCULA)
- Ano de publicación entre parénteses.
- Título da obra en cursivo.
- Lugar de edición e páxinas citadas.

Exemplo:

APELlDOS, N. (1997): Título. Santiago, pp. 40-80.

 

*REVISTAS:
- Apelidos e inicial do autor. (MAIUSCULA)
- Ano de publicación entre parénteses.
- Título do artigo entre “aspas” .
- Título da revista en cursivo.
- Número de volume.
- Páxinas do artigo.

Exemplo:

APELlDOS, N. (1997): “Título artigo”, Gallaecia, 15, pp. 1-20.

*CONGRESOS:

- Apelidos e inicial do autor. (MAIUSCULA)
- Título da ponencia ou comunicación (entre “aspas”)
-  No seu caso: Editor, coordenador e título xenérico das actas
- Lugar e data (entre paréntesis) de celebración do congreso
- Lugar de edición
- Data da publicación
- páxinas

Exemplo:

APELIDOS, N. (2003)   “Título da ponencia”.   Editor (ed.). Titulo xenérico. Actas do congreso.  Lugar de celebración (data).  Lugar e data  de publicación.  páxinas

 

*RECENSIÓNS:

- Os datos do libro irán en negrito.
- En maiúscula os apelidos e inicial do autor. (MAIUSCULA)
- Título en cursivo.
- Editorial, lugar de publicación e ano.
- Páxinas e mención a ilustracións, mapas,... (se procede).
- En tipografía normal, nome e apelidos do autor da recensión.

Exemplo:

APELlDOS, N.; Título. Editorial, lugar de edición, ano. 500 p., ilust. Nome
e apelidos.

11. GALLAECIA non entregará separatas impresas. Os autores recibirán un número da revista e un PDF có seu artigo.

12. Os autores comprométense a corrixir as probas de imprenta nun prazo non superior a 10 días, contados a partir da recepción das mesmas, evitando introducir variacións significativas ou adicionais ao texto xa impreso.

13. Se no prazo establecido non se remiten de volta as probas, entenderáse que os autores non teñen cambios que realizar e remitiráse o texto á imprensa

14. A admisión definitiva de orixinais queda condicionada ó cumprimento efectivo destas normas.