Os antecedentes mais remotos da Tuna atopamolos na cultura goliardica, fenomeno poetico musical encadrado na literatura latina do seculo XII. Paralelamente, ne Francia, coa Idade de Ouro provenzal (SS. XII e XIII) aparece a figura do trovador ou poeta cortesan. O abriren as portas as primeiras Universidades, grupos de estudiantes traen a peninsula o espirito goliardico, non so como novidade cultural, senon coma reflexo da vida de andaina e bohemia destes personaxes, dos seus cantos xocosos e amorosos recibian unhas moedas, vinho, ou algunha sopa quente.
Asi, no bando de Juan de San Clemente, a mais antiga das disposicions da jurisdiccion disciplinaria dos escolares, datada no vintecatro de febreiro de 1594, iniciase unha informacion testifical da que resultaria a confirmacion dos "malos" costumes que reinaban entre aquela solta e briosa xuventude, rondadora nocturna, devota das guitarras a trashora, iniciada nos poemas e nos doados coqueteos que se podian prodigar coas mulleres do pobo que lavaban nas aforas, e nada fuxidora das esmorgas nocturnas, participando das suas travesuras e ata das suas execrables accions.
Durante este longo período de xestación, de todos estes hábitos e manifestacions musicais realizados por
estudiantes da Universidad de Santiago dun xeito espontáneo
e natural, obteñense os elementos que concurren o naciemiento da
Tuna. Esta, por outra parte, naceu unida, na sua primeira concepción
o hambiente de carnaval en forma de comparsa universitaria. Así
chegamos o entroido de 1876, que se pode fixar como a data de nacemento
da Tuna, polo menos como colectivo de tunos organizado e estable, que
logo quedaría sustancialmente inmutada, e que chegaría ata
nos.
A bandeira da Tuna Universitaria Compostelana
ondeaba, por fin, o vinteun de febreiro de 1876, a mediodía, co desfile das carrozas de entroido. As crónicas da época
contan que ..."la jota que entonaban fue muy aplaudida, y los cantores
obsequiados por todos con dulces y botellas...". A sua primeira estrofa
dicía
Vihuelas en ristre
crucemos la villa
y hagamos saber:
que riñas y amores
vale en la cuadrilla
cada vez por diez.
No ano 1879 tivo resonantes triunfos na Coruña e Ferrol, onde estrenou o vals:
Sola se queda Fonseca
triste y llorosa
queda la Universidad
Durante o curso de 1879 recaudaba fondos para os feridos en Cuba e Filipinas, non so percorrendo as provincias galegas, actuando nas principais cidades, senon que chegou a Oviedo e Valladolid, colleitando grandes triunfos. Neste ano, redactouse un Regulamento polo que rexirse e para o que se solicitou a aprobacion gubernativa.
A través da sua longa vida como cabaleiros
de Santiago, na que irmandaron arte musical, troula e
amizade, foron moitas as persoas egrexas que formaron parte dela
, destacando a Compostelana de 1886, na que fue inisgne tuno , entroutros moitos, o noso inmortal Castelao.
A Tuna Universitaria Compostelana, decana de
todalas Tunas, contribuiu a extender este noble mester por toda
a península, e así, en 1888, con ocasión duna xira
por Portugal, apadrinó a famosa Estudiantina Universitaria de
Coímbra. Durante más dun seculo, esta tuna continuou;
ininterrumpidamente, fiel a sí mesma, co espírito dos seus
fundadores.
Dando un salto ata os nosos días, a sua discografía consta de catro LP's e ten participado na meirande parte dos certames nacionais e internacionais que surdiron dende a década dos cincoenta, gañando o seu primeiro premio en Madrid no ano 1956.
A grande familia Compostelana atopase irmandada
coa Asociación de Antigos Tunos Compostelans, obra dos que
e a restauración da entrañable Casa da Troia, antiga
pensión estudiantil, convertida hoxe en museo da Tuna, e que deu
título a obra que mellor soubo plasmar a vida universitaria santiaguesa,
escrita por Pérez Lugín en 1915.
A moi noble e trovadora Tuna da Cruz no Peito
caracterizase por ser triste, aburrida, abstemia, por non fumar nin sair
con mulleres malas ¡habéndoas tan boas!