¿Quen somos?
María Ángeles Luengo Martín
É Catedrática de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos e especialista en Psicoloxía Clínica do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobiología. Tamén dirixe a Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta do servizo de Psicoloxía Aplicada e coordina o grupo de investigación GI-1416 da Universidade de Santiago que, dende 1982, ven traballando no área de problemas conductuales en nenos e adolescentes e avaliación de programas de prevención e tratamento. dirixiu numerosas teses dutorais sobre este tema e foi Investigadora Principal de numerosos proxectos de investigación sobre consumo de drogas e conduta antisocial financiados polo Ministerio de Educación, o Plan Nacional sobre Drogas e o Goberno Autónomo de Galicia e foi coordinadora do desenvolvemento, a implementación e avaliación do programa "Construíndo Saúde". Os resultados destes traballos deron lugar a diferentes publicacións en revistas nacionais e internacionais.
^ voltar enriba
Jorge Sobral Fernández
É Catedrático de Psicoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu e/ou colaborou en numerosos proxectos de investigación e dirixiu diversas teses doutorais sobre temas centrais nos campos da Psicoloxía Xurídica e a Psicoloxía Criminal. A súa actividade docente desenvolveuse de modo especialmente vinculado a estas áreas, ben na Facultade de Psicoloxía ben no Instituto de Criminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
^ voltar enriba
Luis Fernández Ríos
É Profesor Titular de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos na Facultade de Psicoloxía, Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu e participou en diversos proxectos de investigación sobre prevención do consumo de drogas, conduta antisocial e violencia familiar. Actualmente centra os seus traballos en temas de patoloxía social (psicoloxía da corrupción), organizacións saudables (mobbing), psicoloxía da relixión e historia e situación actual da ciencia da prevención. Tamén son do seu interese os fundamentos filosóficos clásicos da invulnerabilidade e conceptos relacionados. En torno a todos estes temas publicou diversos traballos.
^ voltar enriba
Estrella Romero Triñanes
É Profesora Titular de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos na Facultade de Psicoloxía, Universidade de Santiago de Compostela. Foi co-investigadora de numerosos proxectos sobre consumo de drogas e conduta antisocial de ámbito nacional e autonómico. Actualmente é investigadora principal do proxecto BSO2003-01340, financiado polo Ministerio de Educación e Ciencia. No marco deste proxecto dirixiu o desenvolvemento e avaliación do programa Empecemos, unha intervención multi-compoñente sobre os problemas de conduta infantís. Outro dos seus principais intereses é a identificación de factores e mecanismos de risco e protección implicados nos problemas de conduta, con especial atención aos factores de personalidade. En torno a este tema publicou numerosos traballos en revistas internacionais e nacionais.
^ voltar enriba
José Antonio Gómez Fraguela
É Profesor do Dpto. de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigación céntrase no campo da prevención de problemas de conduta con adolescentes e da avaliación de programas. A súa tese doutoral consistiu na avaliación e adaptación do programa Life Skills Training (Botvin, 1984) en España. Desde entón participou en diversos estudos dirixidos á avaliación e diseminación deste programa, denominado "Construíndo Saúde". Tamén participou como investigador en diversos proxectos centrados no desenvolvemento e avaliación de programas preventivos dirixidos ás familias ou a poboacións en risco. Neste momento é o investigador principal dun proxecto de investigación centrado na análise do consumo abusivo do alcohol durante os fins de semana e os programas preventivos do lecer alternativo.
^ voltar enriba
Paula Villar Torres
É profesora do Dpto. de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É membro do equipo de investigación da USC dirixido pola Dra. Luengo, dentro do que desempeña, principalmente, as tarefas de implementación e avaliación dos programas de intervención preventiva de problemas de conduta en nenos e adolescentes. A súa formación e experiencia desenvolveuse a nivel de prevención escolar e familiar. A súa labor investigadora permitiulle desenvolver un amplo coñecemento do área de traballo do equipo ao que pertence e publicar algúns dos máis importantes achados respecto diso.
^ voltar enriba
Zaida Robles
Pacho
É
Doutora en Psicoloxía,
pertence ó grupo de investigación da USC dirixido pola
Dr. Luengo e está a realizar a súa tese doutoral sobre o tema de
intervención familiar sobre problemas de conduta de comezo temperán.
^ volver arriba
Esther
Lorenzo Vidal
É Licenciada en Psicoloxía,
pertence ó grupo de investigación da USC dirixido pola
Dr. Luengo e está a realizar a súa tese doutoral sobre o
tema de
de
intervención dirixida a mestres sobre problemas de conduta
de comezo temperán.
^ volver arriba
Mónica
González López
É Licenciada en Psicoloxía,
pertence ó grupo de investigación da USC dirixido pola
Dr. Luengo e está a realizar a súa tese doutoral sobre o
tema de
avaliación de factores que inflúen na eficacia dos
programas de prevención escolar.
^ volver arriba
Concepción Rodríguez Frade
É Licenciada en Psicoloxía,
pertence ó grupo de investigación da USC dirixido pola
Dr. Luengo e está a realizar a súa tese doutoral sobre o
tema de
intervención
en nenos que presentan problemas de conduta de
comezo temperán.
^ volver arriba
|