Inicio » Uniporta
 

Programa para que os alumnos da USC adquiran un ordenador portátil con subvención da Xunta de Galicia.

Campaña 2008

19/01/08: Alcanzadas as 977 solicitudes de axudas dispoñibles para 2008. A partir desta data, as novas solicitudes quedarán en LISTA DE ESPERA.

08/09/08: ATENCIÓN: ESGOTADAS TODAS AS AXUDAS PARA 2008.

NON FAGA A SOLICITUDE. DE FACELA, SERÁ REXEITADA.

Resumo da convocatoria:

  • Na campaña de 2008 só serán admitidas facturas de 2008
  • Aqueles solicitantes da campaña de 2007 que quedaron na lista de agarda, deben facer unha nova solicitude se desexan optar á subvención en 2008. Tamén a eles se lles aplica o apartado anterior
  • Beneficiarios
    • Os alumnos da USC matriculados en titulacións oficiais de primeiro, segundo e terceiro ciclo, tanto en centros propios como adscritos
  • Excluídos
    • Os matriculados en titulacións non oficiais (posgraos propios), cuarto ciclo, CAP, etc.
    • Os pertencentes a centros vinculados (Hostalería)
  • Solicitudes na páxina web
    • Desde o 2 de xaneiro ata o 31 de outubro. En todo caso, a documentación debe presentarse antes do 15 de novembro e sempre antes dun mes contado a partir da data de admisión da solicitude.
  • Número de subvencións dispoñibles
    • 977 subvencións para o ano 2008
    • As solicitudes que cheguen despois de ter acadado ese número quedarán en lista de agarda
  • Importe da subvención
    • 200€
  • Obriga de mercar un tipo de portátil determinado?
    • Non. Pódese mercar calquera modelo sempre que sexa un ordenador portátil con conectividade sen fíos, non PDA nin videoconsola nin similares
  • Obriga de mercar nunha tenda determinada?
    • Non. Pódese mercar en calquera establecemento comercial
  • Procedemento
    • Encher o formulario da aplicación que aparece premendo o enlace do principio desta páxina
    • Imprimir e cumprimentar o documento de solicitude, facilitado pola propia aplicación
    • Presentar a factura do ordenador, certificado do número de conta bancaria e de ser titular da mesma e o impreso de solicitude no rexistro da Universidade de Santiago
    • Comprobado que o solicitante non ten débedas tributarias ou co Seguridade Social e que non foi beneficiario doutra subvención do programa Uniporta, ingresarase na súa conta o importe da subvención.
  • Solicitudes pendentes de resolución
    • Isto sucede cando o documento de identidade que se fai constar na solicitude non concorda exactamente co rexistro de matrícula (erro na cumprimentación do formulario, estranxeiros que se matriculan co pasaporte e fan constar no formulario o NIE, etc.)
    • Recoméndase achegar por fax unha copia do resgardo da matrícula ao número 981566256, con destinatario ao programa UNIPORTA
  • Plan Avanza
    • Compatible cos préstamos para xóvenes e universitarios a 60 meses do ICO (Plan Avanza)
Convocatoria.pdf - icono PDF Texto convocatoria [PDF - 36 Kb]
 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela Grupo
Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00