
A Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo é un proxecto desenvolto no seo do Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo central de garantir a preservación dunha parte fundamental da nosa memoria. Esta tarefa realízase a través da recollida, conservación e difusión de materiais, tanto documentais como en son, que teñen un destacado valor histórico,
A unidade ten como cerne o arquivo de fontes orais HISTORGA (Historia Oral de Galicia), que é hoxe unha fonoteca con máis de 1.600 entrevistas sobre a historia recente de Galicia. A práctica do traballo de campo fai posible tamén a formación dunha colección de material gráfico e documentos persoais, que van a ser conservados non só por sí mesmos, como noutros moitos proxectos existentes, senón acompañados da memoria oral que os explica. Ademais súmanse a ese servizo os aportes da documentación escrita e bases de datos achegados por moitas das investigacións e proxectos que no pasado e na actualidade se levan a cabo no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC.
Ademáis de garantir a conservación dunha parte fundamental da nosa memoria, a unidade proporciona un respaldo continuado ás actividades de recollida deste patrimonio, coa axuda das modernas tecnoloxías mediante traballos de dixitalización, creación e actualización de bases de datos, así como a súa difusión, cun servizo de consulta estable e unha activa presenza na rede.
Recoller, conservar e difundir son as tres areas de actividade básica que este proxecto contempla: en torno ao patrimonio oral que se ven reunindo no fondo HISTORGA; en torno o patrimonio gráfico ó noso alcance; e en torno ao patrimonio documental do Departamento de Historia Contemporánea.
Ler máis sobre a UPDOC e os seus obxectivos.
O que esta Unidade se convertira nun proxecto real foi posible grazas ao proxecto Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo de Galicia, aprobado pola Xunta de Galicia en 2007 e financiado pola Dirección Xeral de I+D+i deste organismo.
O HISTORGA (Arquivo de Historia Oral de Galicia) é unha fonoteca que conta con máis de 1.600 entrevistas sobre temas variados da historia recente de Galicia. Os seus fondos están postos a disposición do investigador nas nosas instalacións, e na páxina web estanse a engadir os datos temáticos, resumos e fragmentos das entrevistas, para que poidan servir como un primeiro achegamento aos fondos do arquivo. Polo momento xa se volcaron as primeiras 400 entrevistas.
Ler máis sobre o HISTORGA e as entrevistas volcadas.
A UPDOC conta cun fondo documental […]
Ler máis sobre o fondo documental da UPDOC.
INFRAESTRUCTURA



