A Universidade de Santiago de Compostela no seu desexo de non permanecer á marxe da sociedade galega e en cumprimento do compromiso adquirido con ela, está desenvolvendo accións diversas e planificando, en colaboración con toda a comunidade universitaria, próximas actuacións para intentar paliar os danos ecolóxicos, sociais e económicos causados polo desastre do "Prestige" en Galicia.

     Esta páxina é un punto de encontro de todas as persoas e entidades que desexen sumarse a estas accións para dicir "A USC contra a marea negra".

     Agradecemos de antemán tódalas colaboracións e suxestións.

 

 

       • Acordo diante da catástrofe provocada polo 'Prestige'