|
|
Actuacións
Calquera
persoa vinculada coa Universidade pode
dirixirse ao valedor para efectuar unha consulta ou presentar, tanto
a título individual como colectivo, queixas.
Tamén poderán presentar queixas e efectuar consultas persoas que,
aínda non pertencendo á comunidade universitaria, teñan relación e
intereses lexítimos na Universidade de Santiago de Compostela.
¿Como presentar unha queixa?
- As queixas, tanto individuais como colectivas, formularanse por
escrito e poden presentarse persoalmente na oficia do valedor ou
enviarse por correo postal, electrónico, a través do
formulario da páxina web ou mesmo de calquera rexistro da
Universidade.
- O escrito indicará: nome e apelidos, domicilio, número de
teléfono, vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela e
os motivos nos que se fundamenta a queixa.
- Quedan excluídas todas as materias que estean sometidas a
procesos xudiciais ou a un expediente administrativo sancionador e
os asuntos privados entre particulares.
- Na queixa explicaranse de xeito claro as razóns nas que se
fundamenta e as xestións relacionadas realizadas con anterioridade.
Acompañarase dunha copia dos documentos que teñan relación coa
mesma.
- Todas as queixas serán tratadas coa debida reserva e confidencialidade.
¿Cómo se tramita a queixa?
- Recibida unha queixa, no prazo máximo de quince días darase
contestación motivada sobre a súa admisión ou non a trámite.
- Admitida a queixa, o valedor promoverá a oportuna investigación
para o esclarecemento dos feitos que a motivaron solicitando os
informes que considere oportunos.
- O procedemento remata mediante un ditame ou informe no que
amosará o seu parecer sobre a queixa, facendo as recomendacións que
considere pertinentes.
- Todas as queixas son recollidas nun informe anual que se
presenta ante o Claustro Universitario.
|