versión en castellano
english version

versión para discapacitados

 
Inicio » Valedor da Comunidade Universitaria » Funcións
Seccións
Presentación
O valedor na lexislación universitaria
Plano de ubicación
Funcións
Actuacións
Formulario para a presentación de queixas
Informes anuais
Normativas de interés para o estudantado
Preguntas frecuentes
Ligazóns

Funcións

A institución do valedor non debe ser considerada como un simple servizo de recepción de queixas, senón que o conxunto da súa actuación hai que enmarcalo nun contexto de mellora da docencia e do funcionamento da Universidade, así como na defensa dos dereitos de todos os membros da comunidade universitaria. Tendo en conta o anterior cómpre indicar que as súas funcións principais son:

1.-Recibir e tramitar as queixas que lle sexan enviadas, e buscar solucións ás mesmas ante os diferentes órganos e servizos universitarios.

2.-Formular suxestións e recomendacións ante os órganos universitarios que considere oportunos. 

3.-Actuar como mediador e conciliador cando sexa requirido para iso por calquera membros da comunidade universitaria.

4.-Atender as consultas que se lle expoñan procurando dar información e orientación sobre as mesmas.

¿Quen pode acudir ao valedor?

1.-Calquera membro da comunidade universitaria que así o desexe poderá dirixirse ao valedor persoal ou telefonicamente, presentar queixas ou solicitar a súa mediación.

2.-Tamén poderán presentar queixas e efectuar consultas persoas que, aínda non pertencendo á comunidade universitaria, teñan relación e intereses lexítimos na Universidade de Santiago de Compostela.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela Grupo
Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00