Programa Oficial de Posgrao en Xerontoloxía
[- a][+ A]
¿Que é a Xerontoloxía?
É a ciencia que estudia e observa o proceso de avellantamento dende o coñecemento multidisciplinar, analizando e evaluando no contexto actual e de proxección de futuro á persoa de idade avanzada.
Presentación
Dacordo ó Real Decreto 56/2006 do 21 de xaneiro, publicado no BOE n° 21 do 25 de xaneiro de 2005, polo que se regulan os estudos universitarios de posgrao, adaptándoos ó Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e adoptando o sistema europeo de créditos ECTS, ofertamos o Programa Oficial de Posgrao en Xerontoloxía, aprobado polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 30 de xaneiro do 2006, e aprobado oficialmente polo Consello Galego de Universidades o 13 de febreiro do 2006.
O Programa Oficial de Posgrao en Xerontoloxía, está coordinado entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, este programa ínter-universitario é pioneiro en Galicia e no resto de territorio nacional. Consta dun Master en Xerontoloxía con dúas especialidades:
- Xerontoloxía Social: impartirase na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
- Xerontoloxía Clínica: impartirase na Universidade de A Coruña (UDC).
Outras universidades solicitaron adherirse para impartir este Programa Oficial de Posgrao en Xerontoloxía. Actualmente están realizando os trámites de adhesión.
O Posgrao en Xerontoloxía abre unha vía profesional no ámbito da atención, investigación e intervención no avellentamento, articulando os coñecementos das áreas experimentais, sociais, xurídicas, humanidades e ciencias da saúde.
A finalidade principal deste posgrao é formar profesionais na atención social á vellez, a elaboración de programas de organización, intervención, supervisión, coordinación e xestión de tódolos recursos humans e materiais nos diferentes niveis xerontolóxicos e sociosanitarios. Así mesmo, entran dentro das súas competencias o desempeño de postos de atención social á vellez, a elaboración de proxectos, programas e traballos de investigación, a avaliación da calidade asistencial dos mesmos e as súas repercusións sobre as persoas obxecto da intervención.
Importante: Para ver a páxina do Graduado Superior en Xerontoloxía
Inicio da páxina
|