versión en castellano
 
Inicio » Estructura dos estudos
Menú

Presentación

Estructura dos estudos

Acceso e matrícula

Bibliografía Xeral

Programa Oficial de Posgrao en Xerontoloxía

[- a][+ A]

Estructura dos estudos

 

O Posgrao en Xerontoloxía será impartido en dous cursos académicos, cun total de 120 créditos ECTS, en horario de 16:00 - 21:00 horas, os días de luns a venres:

 

OBRIGATORIOS

OPTATIVOS

TOTAIS

PRIMEIRO

55

5

60

SEGUNDO

50

10

60

TOTAL CRÉDITOS

105

15

120

*Datos en Créditos ECTS ( 1 crédito ECTS = 25 horas lectivas).


No primeiro ano será obrigatorio para as dúas especialidades do posgrao acadar 60 créditos ECTS, dos cales 55 corresponderán a materias comúns con contidos iguais sendo o resto os correspondentes á optatividade e impartidos por cada unha das dúas Universidades. Os 5 créditos restantes para acadar os 60 créditos obrigatorios serán ofertados polas dúas Universidades e seleccionados entre as materias optativas.

A carga lectiva común establecida en 55 créditos ECTS corresponden a materias cos mesmos descritores e contidos, son os seguintes:

Materia

Créditos ECTS

Xerontoloxía Clínica I

15

Xerontoloxía Social I

15

Demografía da vellez

5

Valoración e intervención xerontolóxica

15

Psicobioloxía do envellecemento

5

*Datos en Créditos ECTS ( 1 crédito ECTS = 25 horas lectivas).


A partires do 2º ano o alumno escollerá a súa especialidade de Social ou Clínica. Así no segundo curso académico, a Universidade da Coruña ofertará as materias propias da Xerontoloxía Clínica, mentres que a Universidade de Santiago as correspondentes á especialidade de Xerontoloxía Social.
Para obter unha especialidade específica o alumno realizará 50 ECTS propios da especialidade de  Clínica ou de Social e 10 créditos a completar por créditos optativos ofertados por calquera das dúas universidades.
No segundo ano, por tanto, os alumnos deberán acreditar unha carga obrigatoria referida á especialidade elixida (50 créditos ECTS) que deberá de vir completada ata acadar os 60 ECTS, sendo as especialidades ofertadas:

  1. Xerontoloxía Social pola Universidade de Santiago de Compostela.
  2. Xerontoloxía Clínica pola Universidade de A Coruña.

Carga lectiva por especialidade.

 

1º Ano

2º Ano

Xerontoloxía

60

60

Xerontoloxía Social (USC)

60

50+10

Xerontoloxía Clínica (UDC)

60

50+10

*Datos en Créditos ECTS ( 1 crédito ECTS = 25 horas lectivas).

 

            No caso do que o alumno acade o mínimo de créditos obrigatorios para alcanzar a especialidade nunha Universidade; exemplo de 30 ECTS na UDC e 30 ECTS na USC recibirá o título xenérico de Xerontoloxía.
No caso de que o alumno finalice a carga mínima correspondente a ambas especialidade, os 50 ECTS de segundo curso, recibirá a titulación coas dúas especialidades, é dicir Xerontoloxía Clínica e Xerontoloxía Social.

(1 ECTS = 25 horas lectivas.)



Inicio da páxina

Avd.Xoan XXIII s/n
CP 15782 Santiago de Compostela
Tlf.-(+34) 981-563100 Ext 12083/12085
FAX.-(+34) 981-547058

Email de contacto xrsecret@usc.es

 

Esta páxina esta optimizada para unha resolución de 800x600


Estadisticas da Web

Copyright © 2006 Xerontoloxía.