Master en Xerontoloxía Social (Universidade de Santiago de Compostela).
O programa práctico desenvolverase ao longo de cada un dos cursos académicos (outubro a xuño) e constará de varias modalidades:
Prácticas clínicas, a realizar en diferentes Centros de asistencia Xeriátrica ou Xerontolóxica, de acordo ás materias e programas previamente establecidos. Os centros de prácticas poderán variarse nas diferentes edicións do programa de acordo aos diferentes convenios e acordos preestablecidos.
Este apartado poderá ser confirmado pola Comisión Académica a aqueles alumnos que demostren mediante o correspondente certificado laboral ou estar desempeñando actividade laboral en relación coas prácticas esixidas ou postos profesionais en relación coa atención aos anciáns.
Visitas Guiadas a diferentes centros de atención aos maiores.
Outras
A través dun convenio firmado entre o Consello Social da Universidade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) ofréceselles aos alumnos da titulación a posibilidade de realizar prácticas en dependencias dos servizos sociais dos concellos galegos. Estes períodos de prácticas serán titorizados por un responsable dos servizos sociais do concello e por profesores da titulación.
Outros convenios:
Obra Social de Caixa Galicia: para o desenvolvemento de prácticas tuteladas nos centros de maiores e centros residenciais desta entidade na nosa comunidade. Coa empresa especializada en servizos xerontolóxicos QUAVITAE S.A.: para o desenvolvemento de prácticas tuteladas nos seus centros residenciais en Galicia.