Programa Oficial de Posgrao en Xerontoloxía
[- a][+ A]
Xustificación
O progresivo incremento da poboación de persoas maiores de 65 años na maioría dos países e máis concretamente nos referidos a Europa Occidental e Latinoamérica, que en España supera xa o número de individuos menores de 14 anos, fai necesario formar aos profesionais da saúde e/ou sociais nas necesidades e atención sociosanitaria deste colectivo, ademais de facelo na xestión e dirección de centros xerontolóxicos.
Ademais, tendo en conta a carencia actual de recursos asistenciais, nos próximos anos vai ser necesario amplialos significativamente coa conseguinte demanda de profesionais que deberán acreditar no seu “currículo” a cumprida formación neste eido.
O posgrao ínter-universitario entre as Universidades de Santiago de Compostela e a da Coruña, denomínase de Xerontoloxía e consta dun Máster en Xerontoloxía con dúas especialidades, unha de Xerontoloxía Social a desenvolver pola Universidade de Santiago e unha de Xerontoloxía Clínica a desenvolver pola Universidade da Coruña.
Esta avaliación da asistencia xerontolóxica permitirá a optimización dos recursos económicos, humanos e ambientais, de forma que se evite a súa superposición, facilitando a relación dos distintos niveis xerontolóxicos de maneira secuencial, de acordo cos diferentes servizos solicitados e prestados, conseguindo así unha correcta atención.
A existencia dos estudos do Posgrao en Xerontoloxía da cobertura a unha titulación verdadeiramente interdisciplinar na cal se forman licenciados cun verdadeiro perfil profesional, onde o coñecemento dos diplomados xa non é exclusivo ao campo das ciencias da saúde, senón tamén a outras áreas como as ciencias sociais e xurídicas, as áreas de medicina, psicoloxía, enfermaría, socioloxía, antropoloxía, economía..., cun mercado de traballo que demanda este tipo de profesionais.
Inicio da páxina
|