Benvidas e benvidos ao sitio web da Xunta de PDI

     Aquí atoparedes información regular e actualizada acerca da nosa actividade a prol dos intereses laborais do persoal docente e investigador funcionario da Universidade de Santiago de Compostela, así como documentos e informacións relativas aos diversos asuntos que condicionan o desenvolvemento do noso traballo.
     Facédenos chegar todos os comentarios, propostas ou suxestións que consideredes oportunos. Estamos interesad@s en coñecer as vosas preocupacións e achegas, os asuntos laborais son un ámbito no que só é posible avanzar traballando en común.

Espero que este sitio vos sexa útil e interesante.

Alba Nogueira López
Presidenta da XPDI