Grupo de Procesado de Sinal

   
  Liñas de investigación
     

Atrás

A) Microcalorimetría

O equipo de investigación emprega a microcalorimetría para estudia-la actividade microbiana do solo. O traballo enfócase desde dous grandes liñas: por un lado, o estudio do método co obxecto de cuantifica-los parámetros que poidan ser empregados coma índices de actividade microbiana. Para conseguilo procésanse e analízanse as curvas potencia-tempo registradas cos solos obxecto de estudio e búscanse correlacións entre os parámetros termodinámicos calculados a partir desas curvas e factores medioambientais que afectan á actividade microbiana, nun intento de introducir ecuacións novas que permitan aplica-lo método de forma cuantitativa.

A outra liña basease en realizar estudios aplicados que permitan establece-la utilidade dos parámetros cuantificados e interpretar-la información que aportan en relación ós procesos que teñen lugar no solo, concretamente a mineralización de fontes de carbono e a súa asimilación polos microorganismos. Os resultados obtidos lévannos a orienta-lo método cara a predicción de procesos de desertización e productividade agrícola. O estudio aplicado desenrolouse con mostras de solos da selva amazónica co obxecto de deduci-la termodinámica da actividade microbiana e como esta vese afectada polos procesos de deforestación e quema practicados para introduci-la agricultura. Este estudio lévase a cabo en colaboración co Instituto de Química da Universidade de Campinas (Sao Paulo, Brasil).

En colaboración co departamento de Endocrinoloxía do Hospital Xeral de Galicia, desenrólase un estudio que emprega a calorimetría indirecta para determina-los cambios metabólicos que poidan estar relacionados coa Obesidade Mórbida. O obxectivo deste estudio é establecer como afecta este tipo de obesidade ó gasto enerxético basal e ó metabolismo dos principios inmediatos das persoas afectadas por esta enfermidade.

B) Acústica fonética e percepción da fala

O noso principal obxectivo na investigación da fala é establece-la relación que existe entre a percepción fonética e as características acústicas da sinal de voz. Un dos tópicos máis interesantes é o estudio dos procesos de integración fonética, xa que estes procesos son responsables dunha cantidade importante da información auditiva que os oíntes empregan para a identificación de fonemas. Para isto é necesario combinar técnicas de análise acústico, procesado de sinal e evaluación dos procesos de percepción auditiva. Dentro desas liñas, estamos estudiando novas formas de caracteriza-lo espectro da sinal dunha maneira que sexa fácilmente interpretable en función das súas características acústicas. Ademáis é moi importante dispor de técnicas que nos permitan relacionar esa caracterización coa identificación auditiva, tales coma o Escalado Multidimensional (MDS) ou o calculo de correlacións de diverso tipo entre as respostas preditas polo modelo e as respostas dos oíntes.

Básicamente, as nosas liñas de aplicación son as seguintes:

  • Estudio das fricativas e africadas españolas e galegas: O noso obxectivo é atopar unha serie de características acústicas que poidan explica-la percepción destos fonemas. Para iso estudiamo-las características do ruido fricativo e da súa integración dentro do contexto vocálico no que se produce a fricativa.

  • Estudio das fricativas e vocais portuguesas en comparación cos correspondentes fonemas do castelán e galego (en colaboración co Instituto de Estudos da Linguagem, IEL, da Universidade de Campinas, SP, Brazil): Por unha serie de razóns históricas existe unha relación directa entre os fonemas do latín vulgar, o galego, o portugués e o castelán. Os nosos estudios están orientados a pescuda-las posibles claves acústicas e auditivas desa relación.

  • Estudio das vocais españolas en contexto consonántico: Un dos puntos clave da percepción fonética é a caracterización acústica das vocais; a súa percepción está enormemente influída polo contexto consonántico no que se producen.

   
  Publicacións nos últimos anos
     
 
   
  Proxectos nos que participaron membros do grupo nos últimos anos
     
 
  • Sensores Shark-Hartmann para análise de frentes de onda e control de compoñentes ópticos (financiado pola CICYT). 1995-1998

  • O ollo como receptor e procesador da información (financiado pola CICYT). 1998-2000

  • Percepción visual e acústica (financiado pola Universidade de Santiago). 1994-1995

  • Sistema de visión artificial para control dimensional robotizado (financiado pola Xunta de Galicia). 1991-1993

  • Estudio microcalorimétrico da actividade microbiana e cuantificación da masa edáfica (financiado pola Xunta de Galicia). 1992-1994

  • Investigación microcalorimétrica da influencia dos lixiviados procedentes de residuos sólidos urbanos sobre a actividade biolóxica de solo e gas (financiado pola Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia). 1990-1994

  • Estudio dos efectos da integración fonética en sílabas CV (financiado pola Xunta de Galicia). 2000-2001

   
  Membros do Grupo
     
 
  • Ramón Balsa Rúa. Profesor Titular de Universidade.
  •  
  • Sergio Feijóo Juarros. Profesor Titular de Universidade.
  •  
  • Nieves Barros Pena. Profesora Asociada.
  •  
  • Santiago Fernández López. Doutor.
  •  
  • José Manuel Álvarez Rodríguez. Estudiante de doutorado.
  •  
  • Marta Gallego González. Investigadora.
  •    
      Dirección
         
     
    Grupo de Procesado de Sinal
    Departamento de Física Aplicada
    Facultade de Física
    Universidade de Santiago de Compostela
    15782 Santiago de Compostela, España.
         
     
    Teléfono: +34 - 981 563 100, Ext: 14044, Ext: 14054
     
    Fax: +34 - 981 520 676

         
         
     
    Última actualización: 31 de Outono de 2001
    Por Grupo de Procesado de Sinal.


    Atrás   Arriba