Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Bases dos Premios á calidade lgca.
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Bases dos VIII Premios á calidade lingüística e dos VI Premios á excelencia lingüística

Curso 2011-2012

 

Destinatarios

1. O concurso está dirixido ao alumnado dos graos ou das titulacións de 1º ou 2º ciclo impartidas en:

  1. Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Lugo)
  2. Facultade de Bioloxía
  3. Facultade de Ciencias
  4. Facultade de Ciencias da Comunicación
  5. Facultade de Ciencias da Educación
  6. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  7. Facultade de Dereito
  8. Facultade de Filosofía
  9. Facultade de Matemáticas
  10. Facultade de Psicoloxía
  11. Facultade de Veterinaria
  12. Facultade de Xeografía e Historia
  13. Escola Politécnica Superior (Lugo)
  14. Escola Universitaria de Enfermaría
  15. Escola Universitaria de Formación do Profesorado (Lugo)
  16. Escola Técnica Superior de Enxeñaría

centros cuxas comisións de normalización lingüística convocan esta nova edición.

Traballos a concurso

2. O alumnado poderá presentar ao concurso un só traballo do curso 2011-2012, baixo algunha das dúas modalidades seguintes:

Modalidade a) Un traballo académico de curso ou un traballo academicamente dirixido (TAD), sempre que fora redactado en lingua galega, que fora avaliado polo docente correspondente da materia e que acadara unha calidade abonda a xuízo do profesor/a. O traballo poderá ser individual ou colectivo, e deberá ter polo menos unha extensión de 10 páxinas. Non se poderá concursar con informes de prácticas nin traballos similares.

Modalidade b) Un traballo de fin de grao ou proxecto de fin de carreira, sempre que fora redactado en lingua galega e que acadara a cualificación mínima de aprobado a xuízo do tribunal avaliador.

Presentación

3 Os concursantes presentarán nun sobre pechado:

  • Unha copia do traballo en papel. No caso de traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira, este exemplar poderá ser recuperado polos autores, para o cal deberán dirixirse á comisión de normalización lingüística do seu centro.
  • Unha copia do traballo en soporte dixital (cd-rom, disquete...).
  • Unha folla de datos segundo este modelo. En caso de seren varios/as os autores/as do traballo, presentarase tantas follas de datos como sexa necesario.
  • Un documento acreditativo asinado polo profesor/a ou tribunal que o avaliara, segundo o modelo (modelo traballo académico / modelo traballo fin de grao ou proxecto fin de carreira).
  • Unha copia -en papel ou en formato dixital- do DNI por ambas as caras.
  • Unha autorización asinada por todos os integrantes do grupo, no caso de que se presente un traballo colectivo.

4. Este sobre coa documentación irá dirixido ao presidente ou presidenta da comisión de normalización do centro, e nel figurará “Premios á calidade e á excelencia lingüística dos traballos académicos 2011-2012", con indicación da modalidade do concurso a que se presenta (a: traballos académicos; b: traballos de fin de grao ou proxectos de fin de carreira), así como o nome do centro, e entregarase na secretaría ou dirección do centro.

Recepción dos traballos

5. As comisións de normalización encargaranse da custodia dos traballos, unha vez chegados ás direccións dos centros, así como dos labores de comprobación que poidan cumprir.

6. A data límite de recepción dos traballos é o día 23 de setembro de 2012.

Premios e recoñecementos

Modalidade a) Traballos académicos de curso

7. Outorgaranse por centro dous premios á calidade lingüística para os dous mellores traballos académicos presentados, a xuízo dos respectivos xurados conforme os criterios que se expoñen máis abaixo:

1º premio: 150 euros e diploma acreditativo
2º premio: 100 euros e diploma acreditativo

8. Outorgarase un único premio á excelencia lingüística dos traballos académicos de curso, dotado con 150 euros e diploma acreditativo, ao mellor traballo daqueles que previamente gañaran os primeiros premios en cadanseu centro.

Modalidade b) Traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira

9. Outorgarase un premio á calidade lingüística de 300 euros e diploma acreditativo por cada titulación dos centros convocantes ao mellor traballo de fin de grao ou proxecto presentado, a xuízo dos respectivos xurados conforme os criterios que se expoñen máis abaixo.

10. Outorgarase un único premio á excelencia lingüística dos traballos de fin de grao ou proxecto de fin de carreira, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao mellor traballo daqueles que previamente gañaran os primeiros premios en cadanseu centro.

11. No caso de que os xurados consideren que ningún dos traballos presentados acada un nivel axeitado poderanse declarar os premios desertos. Tamén existe a posibilidade de outorgar os premios a varios traballos ex aequo; neste caso o importe repartirase a partes iguais.

12. Ao persoal docente que fomente e facilite a participación do seu alumnado neste concurso outorgaráselle unha constancia da súa implicación con esta actividade de fomento do galego na docencia universitaria. Ademais, os profesores e profesoras cuxos alumnos resulten premiados nalgunha das modalidades recibirán un pequeno agasallo.

Xurados

13. Os membros do xurado dos premios á calidade lingüística en cada centro serán:

  • o/a decano/a ou director/a do centro ou persoa en quen delegue
  • un representante da comisión de normalización lingüística que esta designe entre os seus membros
  • un/unha técnico/a do Servizo de Normalización Lingüística

14. Os membros do xurado dos premios á excelencia lingüística serán:

  • a secretaria xeral da USC ou persoa en quen delegue
  • un/unha representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • un/unha técnico/a do Servizo de Normalización Lingüística

14. A decisión dos xurados é inapelable.

Procedemento de avaliación

15. Valoraranse a corrección lingüística, o emprego acaído da linguaxe de especialidade, a calidade na redacción, a estruturación e presentación da información, e mais o deseño.

16. O anuncio dos veredictos farase público no mes de novembro de 2012.

17. A organización do acto de entrega dos premios á calidade lingüística correrá ao cargo da comisión de normalización lingüística correspondente.

18. A participación no concurso implica necesariamente o acatamento do que se expón nestas bases.

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00