|
|
Información para estudantes
Se es alumno ou alumna de primeiro ou segundo ciclo:
- Hai dous premios por centro organizador: o primeiro, de 300 euros; o segundo, de 200 euros. Nos dous casos, obterás un diploma acreditativo.
- Hai un só premio á excelencia, ao que poderán concorrer todos aqueles traballos que reciban o primeiro premio á calidade nos seus respectivos centros.
- Comproba que o concurso se organiza no teu centro a través da súa comisión de normalización lingüística. Neste curso 2008-2009 son: as facultades de Administración e Dirección de Empresas, Bioloxía, Ciencias da Educación, Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, Filosofía, Psicoloxía e Veterinaria, así como a Escola Politécnica Superior e a E.U. de Formación do Profesorado de Lugo e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago.
- No concurso poden participar estudantes de calquera curso das titulacións de primeiro e segundo ciclo que se imparten nos ditos centros.
- Poderás presentar un só traballo académico, realizado ao longo deste curso 2008-2009, previamente avaliado polo profesor ou profesora da materia, escrito en lingua galega e que cumpra as bases do concurso.
- O traballo pode ser de calquera materia da túa titulación, sen importar o seu carácter (obrigatoria, troncal, optativa, de libre elección).
- Xunto coas tres copias en papel e unha en formato dixital do traballo, debes cubrir unha folla cos teus datos.
- Deberás solicitarlle ao profesor ou profesora encargado da docencia da materia para a que fixeses o traballo que che asine un documento acreditativo (
13 Kb) de que o traballo previamente avaliado ten calidade académica abonda.
- Existen moitos recursos con que podes contar para mellorar a calidade formal dos teus traballos (cursos de formación, bibliografía, recomendacións, correctores ortográficos...). Na páxina de documentación e recursos poderás obter información.
Se xa presentaches traballos académicos en galego durante o curso, pénsao: non tes nada que perder e si algo que gañar. Se non, lembra que esta é unha boa oportunidade para incorporares o galego!
|