Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Información para o profesorado
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Información para o profesorado

Se es profesor/a dunha materia de primeiro ou segundo ciclo, dunha titulación de grao ou se participas nun tribunal avaliador de traballos de fin de grao ou de proxectos de fin de carreira...

  • Non es o destinatario principal destes premios, pero si podes contribuír ao seu éxito, e xa que logo, á extensión do galego e da cultura da calidade entre os teus alumnos e alumnas, así como a valorar o esforzo que supón un traballo ben feito, neste caso tamén economicamente.
  • Comproba que materias das que impartes pertencen a titulacións de centros en que se organice o concurso, a través da súa comisión de normalización lingüística.
  • Se na avaliación da aprendizaxe das materias que impartes consideras os traballos académicos, difunde a existencia do concurso entre os teus alumnos e alumnas. Podes utilizar estas presentacións dixitais.
  • Recoméndalles aos estudantes que elaborasen un bo traballo académico de curso, traballo de fin de grao ou proxecto de fin de carreira, redactado en lingua galega, que se presenten ao concurso.
  • Colabora cos estudantes que queiran presentarse, cubríndolles a acreditación para traballos de curso ( 13 Kb) se se trata dun traballo elaborado para a túa materia, ou a acreditación para traballos de fin de grao / proxectos fin de carreira, se fuches titor/a.
  • Asesora os teus alumnos e alumnas sobre aspectos formais e lingüísticos, infórmaos da existencia de cursos específicos documentos e recursos de apoio.
  • Aos docentes que fomentedes e facilitedes a participación do alumnado neste concurso outorgaráselles unha constancia da súa implicación con esta actividade de fomento do galego na docencia universitaria. Ademais, os profesores e profesoras cuxos alumnos resulten premiados nalgunha das modalidades recibirán un pequeno agasallo.

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00