Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Xornadas "Educación e linguas en Galicia"
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Xornadas "Educación e linguas en Galicia"

As Comisións de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e da Escola de Formación de Profesorado, así como o Servizo de Normalización Lingüística, organizan as Xornadas "Linguas e educación en Galicia" para os días 27 e 28 de novembro de 2009, cos seguintes obxectivos:

  • Reflexionar sobre a situación social e escolar das linguas en Galicia, e sobre as súas perspectivas de futuro.
  • Analizar e debater sobre o modelo lingüístico máis acaído para o ensino non universitario en Galicia.
  • Estimular a toma de decisións nos centros responsables da formación do profesorado para que os futuros docentes estean en condicións de atender satisfactoriamente as demandas da educación lingüística escolar.

Os destinatarios principais destas xornadas son o PDI e o alumnado das titulacións impartidas na Facultade de Ciencias da Educación, na EU de Formación do Profesorado e na Facultade de Filoloxía, así como profesorado do sistema educativo galego dos niveis non universitarios.

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00