Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Xornadas "Educación e linguas en Galicia": matrícula e recoñecemento
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Xornadas "Educación e linguas en Galicia": matrícula e recoñecemento

Recoñecemento da actividade

A USC emitiralles un diploma de asistencia da actividade, no cal figurará o número de horas correspondentes (15 horas), a todas aquelas persoas matriculadas que asistan ao 80% das horas das Xornadas “Educación e linguas en Galicia”. Haberá control de asistencia.

Estase tramitando o recoñecemento de un crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC. Os estudantes que soliciten o crédito deberán indicalo na inscrición e entregar unha memoria coas súas reflexións sobre o tema antes do 9 de decembro. Durante o desenvolvemento das xornadas explicarase con meirande detalle.

Formalizar a matrícula

A matrícula formalízase a través deste enderezo de XesCampus. Se tiveres algún problema na xestión da matrícula ponte en contacto co Centro de Atención a Usuarios, na extensión 55555 (horario de 8 a 22 horas) ou a través do formulario de incidencias, mediante o cal se procesan inmediatamente as 24 horas do día.

Ás persoas matriculadas enviaraselles un correo electrónico de confirmación entre o 22 e o 23 de novembro.

Prazo de matrícula

Do 20 de outubro ao 20 de novembro

Prazas

250 prazas cubriranse por orde de recepción das matrículas

Prezo

De balde

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00