|
|
Axudas á investigación en galego
Co obxecto de incentivar o uso do galego na investigación básica, a USC ofrece unha liña de axudas á redacción e defensa en lingua galega de traballos de fin de mestrado, memorias de licenciatura, traballos de investigación tutelados (TIT) e teses de doutoramento desde 1994, co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A USC, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ofréceche:
• Asesoramento lingüístico, terminolóxico e informático
• Formación: Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación
• Recursos: Cd-rom con correctores ortográficos e outros recursos de interese
• Axuda económica: En concepto de gastos de fotocopiado e encadernación ata
400 € para teses
150 € para traballos de fin de mestrado, memorias de licenciatura e TIT
Importante: A axuda económica cómpre solicitala no mesmo ano natural en que se defende o traballo de investigación e sempre antes do 31 de decembro. Consulta as convocatorias máis abaixo!
Os proxectos de fin de carreira, que ata o ano 2009 se incluían neste programa de axudas, desde 2010 ven incentivado o uso do galego a través dos Premios á calidade e á excelencia lingüística.
- Axudas concedidas: 1993-1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010
- Evolución das axudas e do uso dos idiomas (PDF)
|