Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Premios Luísa Villalta
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

VI Premios "Luísa Villalta" a iniciativas normalizadoras

O Servizo de Normalización Lingüística da UDC, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan anualmente o Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras, co obxectivo principal de promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua dentro das súas institucións e no contorno en que se desenvolven as súas actividades.

O concurso está dirixido a todos os membros das tres universidades galegas, que poderán participar en dúas modalidades:

a)    Deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. O premio é de 3000 , para a persoa ou grupo que a propoña.

b)   Premio a unha idea para a promoción do galego, que se premiará con 1500 €.

O prazo de presentación para estes VI Premios remata ás 14 h do día 20 de novembro de 2009.

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00