Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Formación » Matricula »
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación

Estes cursos diríxense aos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que desexen mellorar tanto os seus coñecementos para elaboraren traballos académicos e de investigación con calidade.

Os destinatarios preferentes son aquelas persoas que estean realizando, ou vaian realizar, algúns dos seguintes traballos:

  • tese de doutoramento
  • memoria de licenciatura
  • traballo de investigación tutelado
  • proxecto de fin de carreira
  • traballos académicos de curso

O custo dos cursos é de 30 €. Esta cantidade será reembolsada se o estudante realiza en lingua galega a súa tese, memoria de licienciatura, TIT ou proxecto de fin de carreira.

Os cursos terán unha duración de 30 horas. 22 horas serán presenciais, e 8 de traballo individual.

Este curso ten recoñecido un crédito de libre configuración para os estudantes de calquera titulación.

Haberá dispoñibles 20 prazas en cada grupo, e un curso poderá ser anulado de non se acadar un mínimo de 10 persoas matriculadas. Cada estudante dispoñerá dun equipo informático con conexión a Internet

O prazo de matrícula estará aberto entre o 23 de novembro e o 2 de decembro de 2009. O curso terá lugar durante os días 9, 10, 11, 14, 15, 16, 17 e 18, de decembro de 2009, e os días 12, 13 e 14 de xaneiro de 2010.

Os lugares e horarios de celebración dos cursos serán os seguintes:

Campus de Lugo

  • Facultade de Administración e Dirección de Empresas. De 13 a 15 horas. Aula 3 de Informática

    Formalizar matrícula

Campus de Santiago

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00