TI: CEDULARIO REAL DE GALICIA NA IDADE MODERNA
DI: Prof. Dr. José García Oro
DA: 1992-1994
DE: Sources, Early Modern Age.

 


O obxecto deste proxecto é investigar e dar a coñece-lo mellor fondo documental que existe para a Galicia dos últimos anos da Idade Media e para todala Idade Moderna: o Arquivo Xeral de Simancas. A información contida nos arquivos galegos é comparativamente escasa, especialmente nas cuestións relativas a administración central.

Tendo en conta a magnitude dos fondos deste arquivo, neste momento este proxecto preséntase como unha toma de contacto ca potencialidade real da documentación da coroa española para o estudio da Idade Moderna galega. Punto fundamental deste proxecto serán as series de Registro General del Sello e Cámara de Castilla.

Este corpus documental -completado cas noticias procedentes dos fondos galegos- resulta imprescindible para o coñecemento deste período histórico xa que ofrece boa cantidade de informacións relativas a vida civil, eclesiástica, nobiliaria, económica, ... da Galicia dos séculos XV ó XVIII.

 A investigación centraráse nos seguintes aspectos:

- A vida eclesiástica nos seus aspectos diocesáns, parroquial e, moi especialmente, xurisdiccional.
- As vilas e a vida urbana: oficios, mercados, portos, actividades militares e conflictos xurisdiccionais.
- Os grupos nobiliarios e fidalgos: a sua participación na gobernación do reino e nas Indias.
- As institucións: especialmente a Audiencia de Galicia, a Universidade e a Facenda Real.

 O método a seguir terá como finalidade principal obter unha visión de conxunto. Se iniciará a reproducción, inventario e catalogación de tódolos documentos que -nas diferentes series do Arquivo- se refiren a Galicia. A selección por temas ou períodos cronolóxicos permitirá posteriormente a formación de colecciones documentais e estudios parciais que progresivamente irán publicandose. A creación dunha base de datos e dunha colección de reproduccións serán o fruto principal deste proxecto.

 


PU:
- PORTELA SILVA, M.J.; GARCIA ORO, J.: Bayona y el espacio urbano tudense en el siglo XVI . Santiago de Compostela, 1994.

 - GARCIA ORO, J; VAZQUEZ BERTOMEU, M.; RODRIGUEZ SUAREZ, M.P.: El obispo Fray Antonio de Guevara y la documentación mindoniense. Estudios Mindonienses, n. 11 (1995); pp. 29-77.