A Química Biolóxica e Médica
Este área de investigación, na fronteira entre a quimica supramolecular, a nanotecnología e a biomedicina, ten por obxectivo último descubrir novas ferramentas moleculares para a terapia e diagnosis de enfermidades prevalentes no século XXI, entre as que se atopan o cancro, o alzheimer ou as infeccións por bacterias multi-resistentes.
B Materiais Funcionais de Interese Tecnolóxico
Este área agrupa as investigacións dirixidas ao descubrimento de novos materiais orgánicos, inorgánicos e metalo-orgánicos con propiedades singulares, así como a súa aplicación no desenvolvemento de dispositivos tecnolóxicos.
Trabállase especialmente en aplicacións na fronteira coa biología celular, e no descubrimento de novas tecnoloxías en electrónica molecular e energética.
C Tecnoloxías Sintéticas para un Desenvolvemento Sustentable
O obxectivo xeral deste área de investigación consiste no deseño e desenvolvemento de novos e eficaces procesos catalíticos para a transformación de materias primas abundantes en produtos de alto valor engadido, dunha forma económica e respetuosa co medio ambiente.
D Química Computacional e Ciencia de Datos
Esta área integra as capacidades da Química Teórica e Computacional, coa intelixencia artificial, a computación cuántica e a visualización molecular inmersiva con realidade virtual e aumentada.