Beatriz Pelaz

Tel.: 
+34 8818 15908
Email: 
beatriz.pelaz [at] usc.es
Grupo de investigación: 
Profesora Titular

Beatriz Pelaz licenciouse en Química pola Universidade de Valladolid (2005) e en Bioquímica pola Universidade de Zaragoza (2011). En marzo do 2012, obtivo o seu título de doutoramento con mención Europea pola Universidade de Zaragoza. De Xuño do 2012 a Decembro de 2016, Beatriz foi membro do grupo do Profesor Wolfgang J. Parak na  Philipps-Universität Marburg, en Alemaña. Primeiro, como investigadora postdoutoral e a posteriori como investigador Humboldt.

Desde Xaneiro de 2017, colidera o grupo BionanoTools en CiQUS, primeiro como investidadora principal dun proxecto para mozos investigadores (JIN, MINECO), e desde 2019 como investigadora Ramón e Cajal (convocatoria 2017, vinculada ao departamento de Química Inorgánica da  Universidade de Santiago de Compostela). En 2020, o Consello Europeo de Investigación concedeulle unha Starting Grant.

A súa investigación céntrase en. o desenvolvemento de materiais intelixentes controlables remotamente, e o estudo da súa interacción con entidades biolóxicas.