Dolores Pérez Meirás
Dolores Pérez completou os seus estudos de doctorado na Universidade de Santiago de Compostela, baixo a dirección dos profesores E. Guitian e L. Castedo, traballando na síntese total de alcaloides antitumorales. Logo de obter o doutorado en 1991, obtivo unha beca MEC-Fulbright para levar a cabo a súa formación postdoctoral na Universidade de California en Berkeley (1992-1993) no grupo do Prof. K. Peter C. Vollhardt, onde se interesou polo campo da química organometálica aplicada á síntese orgánica. Ampliou a súa formación neste ámbito en 1996, sendo científica visitante no grupo do Prof. Stephen L. Buchwald, no MIT (Boston).
En 1995 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela como profesora axudante. No 2000 foi nomeada profesora titular de Química Orgánica e no 2019 catedrática de Química Orgánica de la USC. O seu grupo foi pionero no descubrimento da participación dos arinos, intermedios de reacción de vida curta, en procesos catalizados por metais de transición, un traballo que contribuíu de forma significativa ao renacimiento da química de arinos nos últimos anos.
Os seus actuais intereses de investigación céntranse no descubrimento de novas reaccións de interese sintético catalizadas por complexos metálicos e no desenvolvemento da química de arinos, en particular no deseño de aplicacións para a síntese de sistemas policíclicos aromáticos complexos e nanografenos. En 2010 D. Pérez foi nomeada Directora Comisaria do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente é Directora Adxunta (dende 2014).