Jesús A. Varela Carrete

Tel.: 
+34 8818 15719
Email: 
jesus.varela [at] usc.es
Departamento: 
Química Orgánica
Grupo de investigación: 
Catedrático

Jesús A. Varela Carrete naceu en 1971 en Lugo, España, e estudou química na Universidade de Santiago de Compostela, España. Licenciouse en 1994 e obtivo o seu título de doutor en 1999 (premio extraordinario de doutoramento) baixo a supervisión do Profesor Carlos Saá polo seu traballo na síntese de oligopiridinas vía cobalto. Realizou unha estancia predoctoral na Universidade de Harvard (Estados Unidos) baixo a supervisión do Profesor Matthew Shair sobre a síntese de polioles por inserción de ligazóns C-H en carbenos metálicos.

Entre os anos 1999 a 2001 realizou unha estancia postdoutoral como bolseiro da fundación Alexander Von Humboldt o primeiro ano e bolseiro Marie Curie o segundo ano co Profesor Dr. Paul Knochel na Ludwig Maximilians Universität en Munich (Alemaña), traballando na activación remota diastereoselectiva de ligazóns C-H vía hidroboración. Reincorporouse á Universidade de Santiago de Compostela como investigador do programa Ramón e Cajal, sendo nomeado Profesor Titular de Universidade no ano 2008 e promocionando a Catedrático de Universidade no ano 2023.

As súas liñas de investigación están dedicadas á elaboración e aplicación de novos métodos catalíticos na área da química orgánica co fin de facilitar novas e mellores roteiros de formación de moléculas orgánicas, en particular, na síntese de produtos naturais e sintéticos bioactivos e en novos materiais orgánicos.