M. Eugenio Vázquez Sentís
M. Eugenio Vázquez (1973) licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996, e doutorouse baixo a supervisión do Prof. José Luís Mascareñas, traballando no deseño, síntese e estudo de péptidos sintéticos que recoñecen secuencias de ADN. En 2001 obtivo a beca postdoctoral da "Human Frontier Science Program" (HFSP) e se uniu ao grupo da Prof. Barbara Imperiali no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), onde traballou durante tres anos no desenvolvemento de compostos enmascarados e sensores fluorescentes para o estudo de procesos biolóxicos complexos.
Volveu a Santiago cun contrato "Ramón e Cajal" no ano 2004, e recibiu o "Career Development Award" da HFSP. Obtivo o seu posto permanente de Profesor Titular no Departamento de Química Orgánica no ano 2010. En 2008 obtivo o premio Sigma-Aldrich ao mellor investigador novo, e no ano 2010 recibiu o premio Lilly ao mellor investigador menor de 35 anos.
A nosa investigación caracterízase por unha aproximación multidisciplinar que inclúe síntese orgánica, espectroscopía, bioquímica e química computacional aplicadas ao desenvolvemento de ferramentas químicas para investigación biolóxica, tales como sensores luminiscentes para estudar actividade de kinasas ou interaccións biomoleculares, compostos fotolábiles para controlar espaciotemporalmente unha resposta biolóxica, ou axentes do unión ao ADN incluíndo metalopéptidos que recoñecen estruturas non canónicas do ADN.
Web personal: http://www.chembiousc.gal