Manuel Nappi

Email: 
manuel.nappi [at] usc.es
Grupo de investigación: 
Investigador Ramón y Cajal
Manuel  Nappi fixo a súa carreira universitaria e máster na Universidade de Turín, Italia. En 2014, obtivo o seu doutoramento en Química Orgánica no  ICIQ (Institut  Català d' Investigació Química, Tarragona, España) baixo a supervisión do Prof. Paolo  Melchiorre. En 2012, realizou unha estancia de investigación de 6 meses no grupo do Prof. David  MacMillan na Universidade de Princeton (Nova Jersey, EE.  UU.) traballando en fotocatálisis. A súa tese centrouse no desenvolvemento de novas reaccións  fotoquímicas e  aminocatalíticas. A finais de 2014 incorporouse ao grupo do  Prof.  Matthew  Gaunt como investigador asociado postdoutoral na Universidade de Cambridge, Reino Unido. De 2016 a 2018  fué premiado coa prestixiosa bolsa  Marie  Skł odowska- Curie da Comisión Europea. En Cambridge, Manuel tivo a gran oportunidade de traballar en diferentes campos químicos como a  catálisis de  paladio, activación de C- H, química do ADN e o  ARN,  epigenética e funcionalización de proteínas. De 2017 a 2020, un proxecto de colaboración co grupo do profesor Shankar Balasubramanian conduciu ao descubrimento da primeira funcionalización selectiva de N6 mdA no ADN. A fins de 2020, Manuel incorporouse ao CIQUS como investigador  junior para desenvolver a súa liña de investigación independente, que se centra na invención e desenvolvemento de métodos mediados por luz visible para  valorizar os gases de efecto invernadoiro e  feedstock orgánicos.