Moisés Gulías

Tel.: 
+34 8818 15790
Email: 
moises.gulias [at] usc.es
Departamento: 
Química Orgánica
Grupo de investigación: 
Profesor Titular
 

Moisés Gulías Costa licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2001 e obtivo o título de doutor no ano 2006 na mesma universidade, baixo a supervisión do Profesor José L. Mascareñas. Como resultado destes estudos doctorales recibiu o Premio Extraordinario de Doctorado da Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, durante a súa tese doctoral realizou unha estancia na Universidade de Stanford (2004) co Profesor B. M. Trost.

Entre os anos 2007 e 2009 foi becario postdoctoral Marie-Curie no grupo do Profesor Matthew Gaunt (Universidade de Cambridge), regresando no 2010 á Universidade de Santiago de Compostela como investigador Parga-Pondal. No ano 2015 recibiu o Thieme Chemistry Journal Award e un dos catros Premios "Jóvenes Investigadores" da Real Sociedade Española de Química. Dende o 2016 é Profesor Contratado Doutor na USC.

O seu traballo céntrase no desenvolvemento de novos métodos de funcionalización de enlaces carbono-hidróxeno mediante o uso de catalizadores metálicos con metais de transición, o que na práctica supón desenvolver novas transformacións químicas que permitan facer máis directo, económico, e sinxelo (así como menos contaminante) o acceso a fármacos e outros compostos biolóxicamente activos.