Traballos Academicamente Dirixidos finalizados
Título: |
Operadores diferenciais en variedades riemannianas, con aplicación ás ecuacións dos medios continuos |
Director/a: |
Óscar López Pouso |
Obxectivo: |
Neste traballo utilízanse os elementos básicos da xeometría riemanniana para obter as expresións dos operadores diferenciais sobre variedades en diferentes tipos de coordenadas.
Para poder establecer as nocións elementais da xeometría de Riemann é necesario coñecer e manexar con fluidez a linguaxe das variedades diferenciables. Por este motivo, e coa intención de que este traballo sexa autocontenido, o Capítulo 1 está dedicado a definir tódolos conceptos da teoría xeral de variedades diferenciables que necesitaremos posteriormente.
Este marco teórico permite traballar, non só en calquera tipo de coordenadas en R m , senón tamén en toros, esferas, calquera tipo de superficie e incluso espazos de maior dimensión. Desta maneira desenvolveremos un método xeral para obter os operadores diferenciais que será independente do espazo no que traballemos, co seu correspondente aforro en cálculos respecto a métodos máis directos que se poden empregar nalgúns casos.
Outra das vantaxes deste proceso é que a estrutura teórica desenvolvida fai que a forma de definir os operadores diferenciais en variedades diferenciables arbitrarias resulte bastante natural, establecendo certo paralelismo con R m , o que facilita a tarefa de recordalos.
Una vez finalizado ese capítulo introductorio, pasamos a definir as ferramentas da xeometría de Riemann que nos permitirán expresar os operadores diferenciais en variedades diferenciables arbitrarias.
Finalmente, obtéñesen as expresións do gradiente, o hessiano e o laplaciano dunha función con valores reais, e tamén o gradiente e a diverxencia de calquera campo de vectores definidos sobre calquera variedade diferenciable. Incluímos como casos particulares os cálculos destes operadores en coordenadas cartesianas, polares, cilíndricas e esféricas.
Calculanse tamén eses mesmos operadores para funcións definidas sobre a esfera unidade.
Tamén incluímos unha aplicación directa á mecánica dos medios continuos, expresando a ecuación de conservación da masa en diferentes sistemas de coordenadas en R m .
Finalmente, dedícase un capítulo a establecer unha ponte entre este traballo e as notas escritas por A. Bermúdez ( Notes on Vector Calculus), identificando ambos procesos e comprobando que os resultados que se obteñen coinciden salvo un cambio de base.
|
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Andrés Vales Veiga |
Cualificación: |
Matrícula de Honra |
Curso académico: |
2011-12 |
Título: |
Sobre as deformacións na Mecánica dos Medios Continuos |
Director/a: |
José Antonio Oubiña Galiñanes e Óscar López Pouso |
Obxectivo: |
O concepto de deformación é un dos máis importantes na Mecánica dos Medios Continuos (ver por exemplo M. E. Gurtin, An Introduction to Continuum Mechanics ). Este TAD pretende estudar estas aplicacións desde o punto de vista da Xeometría Diferencial, co obxecto de pechar algunhas cuestións de índole académica non tratadas nos libros de Mecánica.
|
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Néstor León Delgado |
Cualificación: |
Matrícula de Honra |
Curso académico: |
2010-11 |
Subir
Título: |
Astrofotografía con CCD |
Director/a: |
Josefina Ling Ling |
Obxectivo: |
Traballo teórico-observacional.
Estrutura e funcionamento das cámaras electrónicas.
Introdución a fotográfica astronómica.
Manexo básico de cámaras CCD acopladas a telescopios, para a obtención de imaxes fotográficas.
Familiarización co software existente no Observatorio Astronómico R. M. Aller de adquisición e tratamento de imaxes.
Realización dun catálogo fotográfico de obxectos astronómicos observables desde o Observatorio Astronómico R. M. Aller
|
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Victor Tilve Rúa |
Cualificación: |
|
Curso académico: |
2010-11 |
Título: |
Propiedades de resistencia do vidro na edificación |
Director/a: |
Peregrina Quintela Estévez |
Obxectivo: |
O obxectivo do trabajo academicamente dirixido era realizar a análise matemática do problema tridimensional asociado ao ensaio de flexión en catro puntos especificado na norma UNE-EN 1288-3 para a determinación da resistencia á flexión do vidro utilizado na edificación. o traballo está estructurado en catro capítulos.
No primeiro capítulo encontrarase unha definición do módulo de ruptura dun material obtida formalmente utilizando o procedemento habitual en mecánica de sólidos: o ensaio de flexión en catro puntos.
No segundo capítulo introducese o modelo matemático para modelar a deformación que sofre unha placa cerámica no ensaio de flexión en catro puntos. Se trata dun problema elástico tridimensional cunha condición non lineal na frontera do dominio.
Co obxectivo de realizar unha análise matemática do noso problema, introducimos no terceiro capítulo unha formulación débil do mesmo como inecuación variacional, para proceder ao estudo da súa existencia e unicidade de solución.
No último capítulo describimos detalladamente cómo é o modelo matemático que utilizamos para modelar o ensaio de flexión en catro puntos correspondente a placas con perfil rectangular. Para iso, explicitamos cómo é a xeometría da placa, a ubicación das distintas zonas da fronteira e o tipo de forzas aplicadas. |
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Iria María Rodríguez Pérez |
Cualificación: |
Sobresaliente (9) |
Curso académico: |
2008-09 |
Subir
Título: |
Desenvolvemento dunha interfaz gráfica de salida en Java para a clasificación poboacional |
Director/a: |
José Antonio Álvarez Dios |
Obxectivo: |
O portal Snipper ( https://mathgene.usc.es/snipper ) permite a clasificación pobacional dunha mostra de ADN da que se extraiu un determinado perfil de SNPs, e foi útil notablemente en casos de gran impacto mediático, como a análise do ADN procedente da mochila do 11-M. Neste traballo se aporta un motor grá?co escrito en Java ao portal. Dito motor permite visualizar as densidades da verosimilitude de que o perfil de entrada pertenza a determinada pobación, e así permitir ao investigador xulgar a bondade da clasificación pobacional mediante un gráfico interactivo.
|
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Ismael Rodríguez Cal |
Cualificación: |
Sobresaliente (9) |
Curso académico: |
2008-09 |
Título: |
Análise de algoritmos de programación linear para unha aplicación informática de optimización do corte de bloques por guillotinado |
Director/a: |
Francisco José Pena Brage |
Obxectivo: |
Analízouse a resolución efectiva do problema de Cutting Stock a través de algoritmos como o de Gilmore-Gomory e a súa aplicación ao corte óptimo de bloques por guillotinado. Certas adaptacións son necesarias para garantir que se producen tódolos patróns de corte necesarios. Ademais, a natureza tridimensional dos bloques esixe un tratamento previo dos datos do problema de optimización en cada dimensión. Se describen os pasos necesarios para a súa implementación efectiva nunha aplicación informática para o corte óptimo de bloques.
|
Créditos: |
3 |
Alumno/a: |
Ana Gómez González |
Cualificación: |
Matrícula de Honor |
Curso académico: |
2007-08 |
Subir
Título: |
Fotometría astronómica |
Director/a: |
Josefina Ling Ling |
Obxectivo: |
O traballo comeza cunha introducción aos conceptos básicos da
fotometría astronómica, a través da súa evolución histórica dende o
punto de vista instrumental.
A continuación a alumna realiza diversas sesións nocturnas de manexo
de instrumental astronómico: telescopio reflector Ritchey-Chretien de
62 cm de apertura, cámara electrónica CCD ST6 e roda de filtros CFW-6A
do observatorio astronómico Ramón María Aller. A descrición,
acoplamento, orientación, calibrado e utilización destes aparatos son
unha parte fundamental do traballo.
Seguidamente se entra na etapa de familiarización co software
astronómico para a realización de fotometría, concretamente cos
programas CCDOps e IRIS.
Finalmente, como aplicación, se obtén a fotometría instrumental
utilizando o método de síntese de apertura. Para elo se observaron
dous campos estelares correspondentes aos cúmulos abertos NGC 2169 e
NGC 6633. As medidas obtivéronse en filtros vermello e azul. Como
catálogo fotométrico de referencia se utilizou o USNO A2.0.
|
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Marta Iglesias Iglesias |
Cualificación: |
Sobresaliente |
Curso académico: |
2006-07 |
Título: |
Elaboración dun manual práctico de métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias |
Director/a: |
Óscar López Pouso |
Obxectivo: |
A alumna elaborou un manual de métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias. Dito manual contén:
unha breve descripción dos métodos, coas súas propiedades máis relevantes (orde, rexión de estabilidade absoluta), unha descrición dos códigos ou ben os pseudocódigos, e unha serie de resultados numéricos para cada método, obtidos para adecuados exemplos de proba que evidencien as propiedades do método.
|
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Marta González García |
Cualificación: |
Matrícula de Honra |
Curso académico: |
2004-05 |
Título: |
Simulación numérica en reactores de tanque axitado |
Director/a: |
Alfredo Bermúdez de Castro |
Obxectivo: |
Consideramos un tanque como un recinto pechado e oco, no que introduciremos diferentes especies. Ao introducilas, producírase unha mezcla que fará que o contido do tanque sexa homoxéneo. Consíguese así unha independencia espacial nos campos, xa que dous puntos calesqueira do tanque comportáranse da misma forma.
Existirá, nembargantes, unha dependencia temporal. Describírase a continuación un modelo que controle a evolución das concentracións de diferentes especies, que reaccionarán entre sí para obter novas sustancias. Dito modelo estúdiose de dúas formas: unha, un sistema de ecuacións diferenciais ordinarias, nas que, ademais das concentracións, tamén aparece a temperatura; a outra, un sistema alxebraico-diferencial, na que a temperatura calculárase mediante unha expresión polinómica.
Impleméntouse un programa de Matlab que resolve ditos sistemas. Ademais, grazas a unha potente ferramenta da que dispón a linguaxe, diseñouse unha interfaz gráfica de usuario, de forma que pódese executar como calquera aplicación informática. O usuario poderá elixir a mezcla dunha base de datos de máis de cincocentas especies diferentes.
O programa valídouse cun importante exemplo, a producción de CO2 na combustión do carbono. As gráficas mostran como, a unha baixa temperatura, non se produce ningunha reacción co cal as fraccións másicas non varían. Ao aumentar a temperatura, obsérvase como se produce a evolución progresiva do CO2 e da temperatura. Inclúense os resultados obtidos e realízase un balance da masa introducida e da masa final tralo experimento.
|
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Leandro Sergio Cossini Benchimol |
Cualificación: |
|
Curso académico |
2003-04 |
Subir
Título: |
Modelo matemático do proceso de ignición mecánica de materiais enerxéticos |
Director/a: |
Peregrina Quintela Estévez |
Obxectivo: |
Estudar o modelo matemático desenvolvido por G.A. Ruderman, D.S. Stewart e E. Fried para a modelización da ignición mecánica de materiais enerxéticos e proceder a deducción do mesmo a partires das leis de conservación e constitutivas adecuadas.
|
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Laura Saavedra |
Cualificación: |
Sobresaliente |
Curso académico: |
2003-04 |
Subir
Título: |
Derivación Automática, unha ferramenta posible |
Director/a: |
Carmen Rodríguez Iglesias |
Obxectivo: |
Neste traballo exponse de maneira detallada as técnicas nas que está baseada a Derivación Automática (conxunto de métodos que permiten xerar de maneira automática o valor exacto, salvo erros de redondeo, dunha función e do seu gradiente nun punto dado), usando para iso diversos exemplos e esquemas que facilitan a súa comprensión. |
Créditos: |
6 |
Alumno/a: |
Francisco Javier Fernández Fernández |
Cualificación: |
Matrícula de Honra |
Curso académico |
2002-03 |
|
|