A DEMOCRACIA INDUSTRIAL GALEGA
Á LUZ DA TEORÍA NEO-INSTITUCIONAL:
UNHA PERSPECTIVA CRÍTICA
Xosé
Henrique Vázquez Vicente
Departamento de Organización
de Empresas e Marketing
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Universidade de Vigo
Recibido:18
outubro 2001
Aceptado: 31 outubro 2001
Resumo: Analízase cómo se organizan
internamente as empresas de traballo asociado galegas e avalíase ata
qué punto amosan un comportamento económico diferenciado das
empresas convencionais. Así, contrastando as teses e as prediccións
da teoría-neo-institucional coa evidencia empírica dispoñible
para o caso das sociedades laborais do sector industrial, debúllase
trazo a trazo un modelo de empresa social preocupada esencialmente coa necesidade
de compatibiliza-las súas particulares lóxicas decisoras coas
presións do mercado ás que se deben enfrontar.
Palabras clave: Traballo asociado / Galicia / Teoría dos dereitos
de propiedade / Economía dos custos de transacción.