INERCIA ESTRUCTURAL.
ANTECEDENTES E CONSECUENCIAS
 

María Carmen Otero Neira

Departamento de Organización de Empresas e Marketing
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Universidade de Vigo

 

 

Recibido: 7 marzo 2001
Aceptado: 17 xuño 2002

 

 

Resumo: A literatura sobre cambio organizativo estudiou amplamente o concepto de inercia estructural. Neste traballo centrarémonos en dúas áreas que serven para ilustra-la utilización do concepto: 1) os modelos de ecoloxía organizativa e 2) os modelos de evolución e cambio organizativo. Por último, analízase o impacto da inercia estructural sobre a supervivencia da organización.
Palabras clave: Inercia estructural / Cambio organizativo / Resposta competitiva / Estratexia competitiva.