REDES BAYESIANAS E RISCO OPERACIONAL

 

Félix Doldán Tié
Universidade da Coruña

Recibido: 23 de xullo de 2007
Aceptado: 8 de novembro de 2007


Resumo: Descrición elemental do mecanismo de cálculo dunha rede bayesiana, destacando a importancia desta ferramenta na estimación do risco operacional en banca, dentro do marco das novas normas emanadas dos Acordos de Basilea para a xestión de riscos.
O traballo inclúe dúas recompilacións de “software” sobre redes bayesianas, tanto gratuíto coma comercial, coas súas principais características, obtidas de internet, como unha axuda para iniciar un traballo en profundidade sobre o tema .
Palabras clave: Redes bayesianas / Risco operacional / Acordos de Basilea.