María
Lorena Rodríguez Campo / José Antonio Fraiz Brea
Universidade de Vigo
Aceptado: 26 de xullo de 2010
Galicia posúe un rico patrimonio cinematográfico que reflicte
localizacións de destinos turísticos dentro da nosa Comunidade.
Por exemplo, «A lingua das bolboretas» (1999) e Allariz, «O
lapis do carpinteiro» (2002) e A Coruña, «Trece badaladas»
(2002) e Santiago de Compostela, «Os xirasoles cegos» (2008) e
Ourense, «O ano da carracha» (2001) e Lugo, «Lena»
(2003) e Vigo, entre moitas outras, ademais de diversos festivais como o «Festival
de Cine Internacional de Ourense», que tamén poden axudar a fortalecer
a imaxe de marca-país a nivel mundial. Por isto, consideramos viable
converter as artes audiovisuais nun recurso turístico cultural que,
por un lado, transmita a identidade dunha comunidade e, por outro, promocione
o destino, neste caso Galicia.
Palabras clave: Promoción turística / Imaxe
de marca / Marketing turístico / Turismo cinematográfico.