A INTERRELACIÓN ENTRE OS MERCADOS
FINANCEIRO E INMOBILIARIO:
IMPLICACIÓNS PARA A ESTABILIDADE DA EUROZONA

José Pablo Abeal Vázquez / José Manuel Sánchez Santos
Universidade da Coruña

Recibido: 9 de febreiro de 2012
Aceptado: 7 de maio de 2012


Resumo: A recente situación de inestabilidade financeira e a súa transmisión á economía produtiva, ademais de revelar o carácter bidireccional da relación entre variables financeiras e reais, deixa importantes interrogantes sobre a capacidade que ten o Banco Central Europeo (BCE) para instrumentar unha política monetaria eficaz nunha área tan heteroxénea como a eurozona. Esta constatación resulta de especial relevancia cando se trata de explicar a interrelación entre os tipos de xuro de referencia da política monetaria, o comportamento do crédito, a xeración de burbullas de prezos no mercado inmobiliario e a evolución da actividade económica real. Nesta liña, o obxectivo principal deste artigo é afondar na natureza da interrelación entre os mercados financeiros e inmobiliarios, así como sobre os factores que condicionan as posibilidades do BCE para contribuír á estabilidade da eurozona mediante a instrumentación da política monetaria. Para iso estímase un modelo VAR que permite obter evidencia acerca da interrelación entre o prezo da vivenda, o tipo de xuro, o crédito, a inflación e o PIB para unha mostra de cinco países que forman parte da eurozona (España, Irlanda, Austria, Francia e Portugal).
Palabras clave: Mercado inmobiliario / Inestabilidade financeira / Unión monetaria / Política monetaria / Banco Central Europeo.

 

Voltar ao sumario           Ir ao artigo