O ICO: O FINANCIAMENTO CON FONDOS PÚBLICOS
EN TEMPOS DE CRISE
Manuel Octavio
del Campo Villares / Francisco Jesús Ferreiro Seoane
Universidade da Coruña
Recibido:
31
de xaneiro de 2012
Aceptado: 7
de maio de 2012
Resumo: Nun contexto socioeconómico como o actual onde a
crise económica, a inestabilidade financeira e a desconfianza política
dominan os mercados financeiros, estes reduciron ao mínimo o seu fluxo
de crédito cara ao sistema produtivo. Este feito levou a que a necesidade
de crédito privada crecese de forma exponencial non só para
atender o investimento, senón tamén para garantir o normal funcionamento
do ciclo de explotación. En consecuencia, o recurso ao financiamento
público convértese nunha urxencia sen a cal o acceso ao crédito
por parte das empresas se vería practicamente anulado. Dentro do marco
que regula o financiamento público en España, o Instituto de
Crédito Oficial (ICO) desempeña un papel transcendente –no
ano 2011 financiou máis dun 40% do financiamento público total
e dun 65% no caso da Administración Central–. Non é posible
entender o investimento produtivo á marxe da acción deste Instituto
debido á súa oferta de fondos en condicións preferentes.
Porén, malia o beneficio que supón acudir ao financiamento do
ICO, este non chega ao beneficiario último –a empresa–
coa rapidez e a eficiencia desexadas. Por iso, debemos analizar e revisar
permanentemente a forma en que este Instituto comercializa e xestiona a súa
actividade de mediación financeira.
Palabras clave: Crédito / Investimento / Mediación
/ Mercados / Tipo de xuro.