OS TRABALLADORES MAIORES
E A ESTRATEXIA EUROPA 2020

Pedro María Rey Suárez
Universidade de Santiago de Compostela

Recibido: 29 de febreiro de 2012
Aceptado: 7 de maio de 2012


Resumo: Unha das consecuencias do avellentamento da sociedade europea é que cada vez haberá menos traballadores activos e máis persoas dependentes, polo que cómpre sinalar, por unha parte, a importancia de que os traballadores non se xubilen antes de tempo e, por outra parte, o negativo que resulta que as taxas de emprego dos traballadores de entre 55 e 64 anos non cheguen a representar nin sequera o 50%. O noso obxectivo é demostrar o beneficio que representaría para o conxunto da sociedade impulsar políticas que incentivasen a permanencia no posto de traballo dos traballadores maiores, para o que realizamos un percorrido polas políticas europeas destinadas a este fin nos últimos anos.
Palabras clave: Traballadores maiores / Estratexia de Lisboa / Estratexia Europa 2020 / Avellentamento activo.

Voltar ao sumario           Ir ao artigo