O EURO:
MOEDA ÚNICA OU CURRENCY BOARD?


Antón Costas
Universidade de Barcelona

Recibido: 10 de abril de 2012
Aceptado: 7 de maio de 2012


Resumo: Neste artigo preguntámonos, en primeiro lugar, por que o deseño do euro non incorporou os mecanismos necesarios para resolver situacións de crise como a actual. A hipótese que manexamos é que, en contra do que frecuentemente se di, o euro seguiu un modelo que responde máis á lóxica dunha “currency board” dun mercado común que ao dunha moeda única dunha unidade política. En segundo lugar, formulamos a cuestión de se a actual eurozona pode ir máis alá desa lóxica para transformarse nunha verdadeira moeda común. Para iso preguntámonos en que medida a actual crise de débeda pode acabar sendo unha crise integradora ou, pola contra, desintegradora da eurozona, identificando os factores que poden determinar que o resultado sexa un ou outro. A conclusión é que o camiño cara ao goberno económico do euro será longo e de resultados impredicibles. O avance necesita dun novo impulso rexenerador do proxecto europeo. Ese impulso non poderá vir dos actuais plans de austeridade. A integración dos novos, hoxe afectados por un elevado nivel de desemprego, pode servir de obxectivo para dar ese novo impulso.
Palabras clave: Euro / Crise do euro / Crise de 2008 / Currency board / Integración europea.

 

Voltar ao sumario           Ir ao artigo