QUE FUTURO PARA O EURO?
Manuel Sanchis
i Marco
Universidade de Valencia
Recibido:
5
de xaneiro de 2012
Aceptado: 7
de maio de 2012
Resumo: A crise do euro fíxose visible tras o estoupido
das turbulencias nos mercados financeiros durante o verán de 2007.
A crise global deixou en interdito algúns dos dogmas mantidos polos
defensores do capitalismo libertario, como a eficiencia dos mercados financeiros.
A diferenza do que ocorreu en EE.UU., onde houbo diversas quebras bancarias,
a Unión Europea tomou medidas de recapitalización do sector
bancario, estimulou a economía con medidas fiscais e con axudas a empresas
e familias, e construíu un armazón institucional para mellorar
o marco regulador e de supervisión financeira. A crise bancaria e financeira
foi seguida, como de costume, dunha crise de débeda. Nos sucesivos
cumios europeos dos anos 2010 e 2011 acelerouse a constitución de fondos
e de mecanismos de rescate para financiar os países en dificultades,
e evitar así o efecto contaxio. A atención política focalizouse
neses fondos, encubriu a natureza política da crise e ocultou os desequilibrios
dos tipos de cambio e da balanza de pagamentos na eurozona. A súa corrección
require transferencias de capital a través do orzamento europeo cara
aos países periféricos, desvalorizacións internas nos
países periféricos e revalorizacións internas nos países
centrais, e sobre todo en Alemaña.
Palabras clave: Eurozona / Fondo Europeo de Estabilidade
Financeira (FEEF) / Mecanismo Europeo de Estabilidade Financeira (MEEF) /
Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE) / Crises de débeda / Desvalorización
interna / Revalorización interna.