O COLAPSO DO CAPITALISMO ESPAÑOL:
LECCIÓNS E PREGUNTAS PARA DESPOIS DUNHA CRISE

Xosé Luis Outes Ruso
Universidade de Vigo

Recibido: 26 de xaneiro de 2012
Aceptado: 7 de maio de 2012


Resumo: Neste traballo exponse o desenvolvemento da economía española ao longo do ciclo económico 1996-2008, que orixinou unha estrutura produtiva na que predominan sectores de baixa produtividade non expostos á competencia internacional. A irrupción da crise financeira deixou en evidencia as debilidades e os desequilibrios do capitalismo español, o que provocará que esta crise sexa en España moito máis duradeira, deixando no noso país unhas secuelas moito máis profundas que nas demais economías da área euro.
Palabras clave: Crise económica / Estrutura produtiva / Desemprego / Produtividade e custos laborais na economía española.

 

Voltar ao sumario           Ir ao artigo