Óscar
Afonso / Rui Henrique Alves
Universidade de Porto
Aceptado: 7
de maio de 2012
Neste artigo discútense as verdadeiras razóns que levaron a
esta situación, con especial referencia a catro aspectos cuxo debate
se mantén aberto desde comezos dos anos noventa do século XX:
a converxencia nominal versus a converxencia real; a necesidade –ou
non– de coordinar as políticas orzamentarias nacionais; os mecanismos
de axuste aos shocks específicos e a teoría das áreas
monetarias óptimas; e a necesidade –ou non– para avanzar
na consecución da integración política. Utilizando datos
sobre o caso de Portugal, evidenciamos que en varios destes temas a construción
da UME segue poñendo de manifesto varias deficiencias que están
na base da actual situación de inestabilidade. Nese contexto, preséntanse
varias suxestións para fortalecer a zona euro, sobre todo no que respecta
ao seu goberno económico.
Palabras clave: Euro / UEM / Áreas monetarias óptimas
/ Estabilización macroeconómica / Unión política.