A POLÍTICA DE COHESIÓN EUROPEA.
EVOLUCIÓN E PERSPECTIVAS
Laureano Lázaro
Araujo
Corpo Superior de Administradores Civís do Estado
Recibido:
10
de abril de 2012
Aceptado: 7
de maio de 2012
Resumo: A evolución do que foi o mercado común ata
chegar á Unión Europea pode estudarse desde diferentes puntos
de vista. Neste traballo tomáronse a integración económica
e, sobre todo, a cohesión económica, social e territorial como
claves para interpretar un proceso que, malia a crise que atravesa actualmente,
chamou a atención de políticos, profesionais e de estudosos.
Distínguense catro etapas: a primeira, desde as súas orixes
ata a Acta Única Europea (AUE, 1987); a segunda, desde a AUE ata o
Tratado de Ámsterdam (TA, 1999); a terceira, desde o TA ata a grande
ampliación (2004-2007); e a cuarta, na que nos atopamos, é unha
zona aberta. Mantense a tese de que, despois da gran galopada que representou
a AUE e a presidencia de Delors, a unificación de Alemaña e
a desaparición da URSS marcan un punto de inflexión á
baixa, cuxa plasmación documental e financeira é a Axenda 2000.
A integración económica é obxecto de varios intentos
de relanzamento (Estratexia de Lisboa, Estratexia Europa 2020, Acta do Mercado
Único), sen lograr atar os cabos soltos. En materia de cohesión,
desde a reforma dos fondos estruturais, nunca como agora, que é cando
máis se necesita, foi tan débil o apoio financeiro e económico
real para fortalecer a cohesión. Só na literatura oficial está
en alza. Son uns puntos de vista non exentos de polémica. Con todo,
e a pesar da crise, da falta de liderado e do exceso de prepotencia, paga
a pena continuar no empeño de seguir avanzando cara á unión
política.
Palabras clave: Unión Europea / Cohesión /
Integración económica / Fondos estruturais.