OS DESEQUILIBRIOS POR CONTA CORRENTE
E A CRISE NA EUROZONA
Isidro Frías
Pinedo / Rosario Díaz Vázquez / Ana Iglesias Casal
Universidade de Santiago de Compostela
Recibido:
23
de febreiro de 2012
Aceptado: 7
de maio de 2012
Resumo: Neste traballo estudamos os factores que determinan a sostibilidade
dos déficits correntes na área euro e a súa vinculación
coa crise, centrándonos en especial en España. A estimación
das ecuacións de comercio exterior españolas mostran unha situación
sostible dos déficits que poderían terse alcanzado diminuíndo
o diferencial de crecemento entre España e os seus socios, especialmente
a través de dúas vías: en primeiro lugar, cunha actuación
concertada na Unión Monetaria Europea (UME) que aumentase a demanda
agregada nos países centrais por riba dos periféricos, aliviando
as presións da crise; e, en segundo lugar, cunha redución do
compoñente procíclico introducido polas variables monetarias
e crediticias.
Palabras clave: Déficit por conta corrente / Desequilibrios
na eurozona / Unión Monetaria Europea / Comercio exterior en España
/ Modelos de corrección de erro / Modelos econométricos de comercio
exterior.