A RIQUEZA E O SEU EFECTO SOBRE O CONSUMO
NO CONTEXTO DA CRISE GLOBAL:
O CASO DA UNIÓN ECONÓMICA E MONETARIA (UEM)
Vicente Menezes
Ferreria Junior* / Óscar Rodil Marzábal**
*Banco Central de Brasil / **Universidade de Santiago de Compostela
Recibido:
17
de novembro de 2011
Aceptado: 22
de decembro de 2011
Resumo: A recente crise financeira global veu provocando un forte
impacto sobre o crecemento das principais economías europeas. Esta
crise está producindo efectos extremadamente adversos sobre a actividade
real da economía a través de diversas canles. Entre estas atópase
o efecto riqueza, supoñendo que a variación dos niveis de riqueza
pode estar conducindo a unha variación no consumo privado. Baixo este
contexto, este traballo ten como obxectivo principal analizar a evolución
dos niveis de riqueza e o seu efecto resultante sobre o consumo, utilizando
macrodatos agregados de dez países da Unión Económica
e Monetaria durante o período trimestral 2000-2010.
Palabras clave: Efecto riqueza / Consumo / Crise financeira
/ Unión Económica e Monetaria / Europa.