LECCIÓNS DA CRISE.
CARA A UN NOVO ENFOQUE NA ANÁLISE
DO PROCESO DE ENDEBEDAMENTO EMPRESARIAL

Begoña Álvarez García / Lucía Boedo Vilabella / Dolores Lagoa Varela
Universidade da Coruña

Recibido: 14 de febreiro de 2012
Aceptado: 7 de maio de 2012


Resumo: Un dos aspectos cruciais da actual crise é o excesivo endebedamento adquirido polos diversos axentes da economía. Chama a atención que no período de expansión, no que a débeda asumida ía aumentando, non se alertara de forma perceptible desde os ámbitos académico, institucional e divulgativo sobre o risco que se estaba asumindo e as súas consecuencias. Isto permite concluír que unha das leccións da crise é que o tratamento do estudo do proceso de endebedamento non foi o adecuado. Neste traballo descríbense os diferentes enfoques desde os que se analizou o endebedamento e séntanse as bases para propoñer un novo enfoque que integra e amplía os anteriores. O traballo finaliza coa presentación dun estudo empírico sobre a evolución temporal do endebedamento empresarial en España e a súa comparación con diversos países da súa contorna.
Palabras clave: Endebedamento empresarial / Estrutura de capital / Factores institucionais / Factores culturais / Factores empresariais / Factores sociolóxicos / Crise da débeda en Europa.

 

Voltar ao sumario           Ir ao artigo